Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

Lembrade de mandarlle de volta as carpetas , pois as precisan nos vindeiros días para levar cousas para casa.

Como se comentou na reunión, prégase puntualidade á hora das entradas

miércoles, diciembre 23, 2009

Bo Nadal

Ola ,canto tempo sen contactar de novo. Sentimos ter o blog un chisco abandonadonado pero os días ´so teñen 24  horas e ,ás veces, non tivemos todo o tempo que precisabamospara ir actualizando as novas. Neste comentario non vou contar nada da clase pois quero ordenar un pouco o material de fotos que temos pero quería desexarvos un BO NADAL e  FELIZ ANINOVOe para esonon podo esperar mais. Deixovos unha felicitación cunha foto do día da entrega da carta aos Reis. Nos vindeiros días amosareivos maisx,xunto coas doutras experiencias.
Antes dárvolas grazas polos comentarios que fixestes neste tempo ,así como aportacións.

lunes, octubre 26, 2009

Chegou o Outono e comezamos a usar os ordenadores




Vistos os derradeiros comentarios , reitérome no dito hai uns días "Que agradable é rencontrarse cos amig@s".
Aproveito para comentarvos que duas amigas teñen un novo blog. Ana (a nosa ex-viciña de adosado" no  curso anterior deixou Bule-bule e agora escribe en O noso acuario. Alí podedes ver outra visión  de Infantil , a dos comezos en tres anos. Os inicios son moi duros tanto para @s nen@s como para @s mestres/as.
Tamén Bea deixou os seus comentarios en Ratos de escola e agora faino en Cousa de peques . Dende alí séguenos amosando multitude de recursos.
Ademais da PDI , comezamos a usar os ordenadores.Como somos uns privilexiad@s,   dispoñemos de tres que nos  fan bastante falla xa que todos  queren xogar ao mesmo tempo. Pero, ao igual que co resto das cousas, saben que teñen que esperar e compartilas. Van por parellas e , de momento, comezaron por un moi sinxelo que consiste en move-lo rato para explotar globos.  Serve para que vexan a relación entre os movementos da man e os do cursor. Como en todas as cousas hai quen se lle da moi ben e hai quen lle custa. Nos vindeiros días iremos practicando control dos movementos da man de xeito que leven o cursor a onde quern eles e non movelo sen control.

lunes, octubre 12, 2009

Comezamos a usar a PDI


Antes de comezar co comentario mencionar algo que, quizais, xa vos decatastes. Na marxe dereita hai unha nova ligazón que vos leva aos Recursos dos Carrabouxos. Nese blog  puxen tódolos recursos que fixen nos derradeiros tempos. Hainos para imprimir e outros para ordenador. Con esto procuro ter localizados e unificados estes recursos e non depender de servidores con pouco espazo ou con acceso limitado por cuestións xeográficos. A meirande parte son elaborados por min ou nos que eu colaborei.
Esta semana deixovos algunhas fotos de como xa nos estamos familiarizando coa PDI. Comezamos usamos algúns programiñas sinxelos como un feito pola Editorial SM . É para 3 anos , ainda que tam´ñen o hai para 4 e 5. Estou intentando ver si son capaz de colgalo no blog dos recursos dos Carrabouxos. Xa vos manterei informad@s.
Os problemas que ata o de agora prantexa o contacto coa PDI son os esperados e habituais nos inicios: pouca presión , pouca precisión, problemas de arrastre de obsectos por non mante-la presión, sombra do propio usuario. Co uso iranse adaptando.

Deixovos unha foto que fixo Carolina ( a compañeira que sustituíu a Patricia) cando foi o "cumpre" de David.

Nas fotos podedes ver tamén como imos convertindo un circulo grande nunha cabeza.

miércoles, octubre 07, 2009

Grazas

Grazas , é  moi reconfortante voltar a atopar aos amig@s blogueir@s. Sentín unha grande ledicía ao ler os comentarios. Como dí Mary , a min tamén me trae moi  bos recordos este blog, é algo moi especial. Quixera manter esa complicidade cos que o compartimos e ir engadindo nov@s adept@s que nos enriquezan coas súas ideas ou comentarios.
Grazas

lunes, octubre 05, 2009

UN NOVO CURSO

Ainda que con moitos días de retraso comezamos un novo curso. As novidades son moitas para comezar apenas dou clase pois, nun momento de tolemia, decidin aceptar a Xefatura de Estudios deste macrocolexio que é o Ponte dos Brozos (22 unidaddes de E. Infantil , 38 de E. Primaria e1430  alumn@s) e só teño catro horas de docencia.Esto conleva que agora teña unha compañeira de viaxe, chamase Patricia e entre os dous imos tentar levar a cabo esta primeira etapa. A aula é de 4 anos , xa non é a da rá , agora é a  clase dos pallasos. Dende a experiencia que me dan os anos que levo dando clase dígovos que miña primeira impresión sobre eles/as é moi boa. Son moi agarimosos e , dentro da súa idade, escoitan bastante cando se lles fala.
A xente que seguiades o blog antes non fagades comparacións pois ascircunstancias no son as mesmas. Como presentación deixovos unhas fotos do grupo nun destes primeiros días. Non estan tod@s pero é unha primeira imaxe. Temos algunhas individuais pero ata que teñamos as de tod@s non volas ensinaremos.

Os comentarios irémolos facendo cando  poidamos e sen compromisos. Procuraremos mantervos informados do que facemos e do que falamos clase. A cambio esperamos a vosa colaboración con comentarios ou ideas