Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, septiembre 13, 2006

A clase xa vaise enchendo de nen@s pois hoxe comezaron Sandra, Victor, Jorge, Iago, Marco e Paula. Coma onte houbo bastantes bagoas e algún que outro berrido. Xa levo comentado moitas veces que esto é o pior do meu traballo, sinto unha impotencia moi grande pois vexo a alguén moi indefenso chorar e pasalo moi mal e non sei como evitalo. por moito agarimo que poña nos meus xestos ou nas miñas verbas, non as escoitan. A miña experiencia dime que a "solución" é seguir con ese agarimo e darlle tempo a adaptación. Por certo habería moito que falar dese periodo de adaptación de si é realmente tal ou é un "quedaben pedagóxico". Ademais dos choros de duas ou tres persoas hai alguns outr@s que non choran pero nótaslle unha angustia e unha tensión na cara que tamén che preocupa.Saben que non deben chorar , que non vai pasar nada, que son "maiores" pero non estan comodos, non os ves ledos ou soltos.
Aproveito este diario para agradecerlle a miña compañeira Tatiana o seu apoio ( ela é a "profe" de apoio : )) pois os momentos de tranquilidade que tivemos foron gracias a súa laboura de paciencia (coido que tamén axuda a maior facilidade da imaxe feminina para entrar no mundo dos nen@s, é aceptada mais doadamente).
Hoxe xa estiveron xogando cos ordenadores dun modo libre, foi o seu primeiro contacto e xa se víu que algún non lle ten medo ningún e que lles van gustar. Disfrutaron moito Celia ou Martin. Algúns coma Victor, Aaron ,Ainara ou Paula xogaron coa plastilina na compaña de Tatiana que lle fixo bonequiños diferentes, outros coma Jorge amosaron unha grande maña para a plancha.
Mentres Raul continua a facer puzzles, o resto ven xogando agora cunha cousa e logo con outra.

No hay comentarios: