Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, septiembre 25, 2006



Comezamos xa co horario de catro horas e non nos foi mal a mañán. A entrada foi moi boa pois , sen axuda de Tatiana, entramos tod@s xunt@s. O tren que fixemos non era o AVE precisamente pero foi andando. Estivemos traballando coa cor vermella. Buscamos botóns vermellos e pintamos un globo que quería coller Regaliz de cor vermella. Os vindeiros días seguiremos traballando con esta cor. Contamos tamén un conto , o do peixe Tris Tras que non quería ir á escola. Logo xogamos ata a hora da merenda. Era a primeira vez e agás un par de pequenos incidentes cuns iogures, todo foi moi ben. Algúns comeron todo e outr@s non, pois hai bastante lentitude para xantar malia ter 25 minutos ata o recreo. @s que non remataron gardáronno pois non podemos levar amerenda para o patio. Recolleuse todo e ninguén perdeu nada só aparecíu unha bolsa sen nome , que logo soubemos de quen era.
Logo do patio só estivemos bebendo e mexando pero dun modo organizado.
Respondendo a un par de comentarios no blog direivos que as fotos non poden ser mais grande pois non podemos cargar moito o blog con imaxes grandes, ademais non quedaría espacio para os textos. As imaxes en gran tamaño teñoas eu e cando remate este curso pasareivos un Cd con tódalas fotos. Se estades moi interesados nunha foto mandádesme un correo e envíovola por correo. Tedes o meu enderezo electrónico onde podedes contactar comigo para calquer dúbida ou petición.
Aproveito para agradecer os comenraios feitos ata o de agora e os posteriores

No hay comentarios: