Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, septiembre 28, 2006


Como novidade hoxe podemos comentar que usamos por vez primeira a pintura de dedos (mellor dito era tempera) para traballar. Como estamos coa cor vermella, primeiro buscamos cousas desta cor pola clase e logo nunha fresa que había na ficha fixémoslle puntiños. A actividade fíxose por mesas (grupos de catro) e coa axuda de Tatiana. Ninguén puxo problemas (ás veces hai alguén que non quere luxarse) e quedou bastante ben. Tamén estivemos xogando coa plastilina todos o mesmo tempo , pasárono ben ainda que hoxe non tiñan nada para xogar con ela ( pauiños, moltes, coitelos de plástico, etc.).

No hay comentarios: