Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, septiembre 12, 2006


Como somo moi educados comezaremos por presentarnos: O noso colexio chámase Ponte dos Brozos, esta situado en Arteixo (A Coruña). A nosa é a clase da rá , cando entremos todos seremos 23 nen@s.
Este é un centro coma outro calqueira , cun par de diferencias salientables: somos o colexio mais grande de Galicia ( só en ed. Infantil son 19 unidades e sobre 400 alumn@s) e participamos no Proxecto Ponte dos Brozos que, coa colaboración da Fundación Amancio Ortega, busca a integración das TIC na educación.
Unha vez que xa sabedes algo de nos, paso a contarvos que hoxe comezaron a escola Raul, Ainara, Aarón, Abel, Celia e Martin. Só estiveron duas horas ainda que a algún se lle fixeron un pouco longas. O tempo adicáronno a explora-la aula, ve-los xoguetes que había, mirar algún conto e probar un par de puzzles. Tamén visitamos @s compañeir@s do lado , os da clase do peixe. Sobre as 11 e 45 saimos un pouco o patio. Logo antes de marchar cantamos a canción de Lu.
Como era de esperar houbo algunha bagoa pois eso de separarse de mamá ou papá pode ser un pouquiño doloroso pero , en xeral, todos estivo moi tranquilo.
Para rematar este primeiro día deixovos estas verbas dun filosofo oriental chamado Kahil Gibran , falando dos fill@s. Gustáronme moito e coido é unha boa maneira de rematar por hoxe.

Os teus fillos non son os teus fillos,
son fillos e fillas da vida,
deseosa de se mesma.
Non veñen de ti, senón a través de ti
e
aínda que estean contigo,
non che pertencen.
Podes darlle o teu amor,
pero non os teus pensamentos,

pois, eles teñen os seus propios pensamentos.

Podes abrigar os seus corpos,

pero non as súas almas,
por que elas viven na casa do mañá,

que non podes visitar nin sequera en soños.

Pode esforzarche en ser como eles,

pero non procures facelos semellantes a ti.
Por que a vida non retrocede nin se detén no onte.
Ti es o arco do cal os teus fillos,

como flechas vivas son lanzados.

Deixa que a inclinación,

na túa man de arquero,
sexa para a felicidade.

No hay comentarios: