Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, septiembre 20, 2006

Igual que o viño, as cousas van millorando co paso do tempo. Hoxe xa non houbo case que ningunha bagoa e tampouco berros. Ademais como novidade, non comezamos collendo xogos se non sentando na alfombra onde Santa Tatiana lles conto o contiño do "Elefante tembloroso".Gustoulles moito, pois o remate había que tirarlle da trompa o animaliño e este tremaba. Logo estivemos repartindo os sitios nas mesas e cada un tiña que busca-la súa tarxeta que leva o nome, a foto e o seu debuxiño. Ó remate repartimos unhas tarxetas iguais e tiñan que colocar no cadro de control de asistencia, no seu sitio. Xa por fin foron xogar cos xoguetes (hoxe tamén os colleron con mais ganas que os outros días) ata a hora do recreo. Á volta fixemos pis e bebemos.

5 comentarios:

Montse dijo...

Os que traballamos nesta profesión coñecemos o que significan eses primeiros días da escola dos rapaces. É unha adaptación difícil para todos: nenos, pais e profesores. Pero cando co tempo comezamos a ver os primeiros froitos do noso traballo conxunto, olvidamos os malos momentos vividos. Paréceme unha idea xenial facer este blog para achegar ós demais estas vivencias. ¡Ánimo porque o sorriso do neno é a nosa recompensa!

Montse dijo...

Montse said...

Fátima dijo...

Eu sempre dixen e sigo mantendo que cando un home se dedica á Educación Infantil, é o mellor mestre que un pai ou nai pode querer para o seu fill@. Tí eres ese profe.
Acabo de atopar este traballo teu e coma sempre, non deixo de sorprenderme da túa laboura e da túa entrega. ¡Quero ser coma tí!
¿Cómo se fai? Ánimo para o resto do curso que comeza.Bicos Fátima

MARY dijo...

NORABOA. A IDEA É XENIAL. TODOS OS PAIS PODEMOS VER O QUE FAN OS NOSOS FILLOS TODOLOS DIAS, SEMPRE DESDE O PUNTO DE VISTA DO PROFE.
ESPERO QUE SIGAN O EXEMPLO OS DEMAIS PROFES, AINDA QUE ENTENDO QUE ESTO SUPON UN TRABALLO AÑADIDO QUE NON TEÑEN POR QUÉ FACER.
REPITO, NORABOA E GRACIAS.

felix dijo...

Hola soy el papá de Abel, nos parece una idea genial este blog, nuestra más sincera enhorabuena. Un saludo cariñoso para vosotros por la paciencia que estais teniendo con nuestro hijo, es un poco rabudo porque va mucho a su bola, pero le gusta jugar con sus amigos.