Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, septiembre 27, 2006

Onte foi o segundo día con catro horas e, quizais, a quen se lle fixo mais longa a mañán foi a min. Estivemos contando o conto de “ A vaca Manchas” que trataba sobre unha vaca que fora á escola e agora lle ensinaba as letras, múmeros e outras cousas ó resto dos animais da granxa. Gustoulles un pouco, logo pintámoslle as manchas a unha vaca que tiñamos na ficha. Quedou bastante bonita e , polo xeral , pintaron só as manchas e non toda a vaca. Xogaron cos xoguetes e fomos ó patio. Como vedes nestes días non facemos nada especial, só ADAPTARNOS, que xa é dabondo. Pouquiño a pouco iremos metendo novidades que fagan mais amena a mañán e lles permitan aprender contidos, hábitos, autonomía, responsabilidades, ....
Hoxe, Mércores, cantamos unha canción dun osiño, ó que logo lle pintamo-la roupa, pegagándolle gomets circulares (pegatinas) enriba dunhas estreliñas que habia espalladas polo vestido.
Ainda que só levamos catro fichiñas, coido que xa se poden ver pequenos avances no traballo. Son pequenos , pero son avances. Estivemos despois presentando a primeira aplicación coa que imos traballar nos ordenadores, chámase “Trampolín Primeiros Pasos”. Con ela pretendo que @s nen@s se familiaricen co rato, que aprendan a movelo. Dentro do programiña, fixemos o xogo do “Escondite”. Este consiste en move-lo rato para quita-los debuxos que estan por diante e ver o animal agochado. Participaron tod@s moi led@s. Logo xogaron ata a hora de merendar e saimos para o patio.
Á volta estivemos bebendo e facendo pis, rematando a xornadaco "traballo" de gardar cada un a súa ficha dentro da súa bandexa.
Olvidei comentar que un dos hábitos que levamos estes días traballado é o de ó entrar colga-la chaqueta e a bolsa da merenda. Logo saudámomos e poñémo-la nosa foto dentro do debuxo da escola , para saber quen está e quen non.


CITA

Dame un peixe e comerei un dúa, ensíname a pescar e comerei tódolos días

No hay comentarios: