Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, septiembre 19, 2006

Onte, Luns, mántivose a tónica da anterior semán. O adiantadado no proceso de adaptación, perdeuse pola fin de semán. A entrada foi un moi embarullada, non se puido face-lo tren con tod@s pois ainda hai nen@s que seguen sen querer poñerse. Esto provoca que deban entrar @s pais/nais para axudarme a metelos e , ós cinco minutos, que volvan a sair. En canto poidamos evitaremos estas entradas. Durante un tempo estiveron chorando varios , algún/nha que non choraran nos derradeiraos días e outros que si o fixeran. Sobre as once e cuarto "amainou" o temporal e puidemos famirar algún libro. Como boas novas teño que dicir que Abel non chorou nada en toda mañán, cando a antes choraba moito. Paula tamén avanzou e estivo moi ben. Os maiores berros son os de Jorge pero rematou calando el só. Logo do recreo contámolo conto de " A galiña Tina" e cantámola nosa canción. Logo a saída foi moi boa.
Hoxe foi moi bo día. Non fixemos ningún traballo , pero puidémolo facer pois houbo bastante tranquilidade, agás a entrada e os 10 minutos posteriores.
Xogaros a facer coleres con botóns de cores(Jorge probou tamén) , tamén fixeron puzzles ( ata Abel o intentou) , xogaron cos xoguetes (Raul colleu un bonequiño e deixou os puzzles que é o que mais lle gusta). De momento non hai grandes conflictos , agasalgún roce entre Sandra e Marco pero ímolos solucionando. A Carmen faltoulle Susana (hoxe faltaron oito nen@s) pero mantén a sua amizade con Abel. Por suposto tamén estivo conosco SuperTatiana que é moi querida por tod@s.
Mañán imos intentar que se senten na silla e asignarlle a cada un o seu sitio, a súa percha, ademais de explicarlle o cadro de asistencia para comezalo a usar.
As tres fotos de hoxe foron feitas co movil polo que súa calidade é un pouco baixa

1 comentario:

VICTOR dijo...

HOLA, SOMOS OS PAIS DE VICTOR.
ESTAMOS SORPRENDIDOS DO BEN QUE ESTA FEITO O BLOG.