Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, septiembre 24, 2006


Un día mais e mantense a evolución positiva da clase. Comezamos cun conto que lles contou Tatiana, chamábase : "Cucu-trás trás" e había que adiviñas que animaliños estaban agochados. Logo estrenámonos co traballo na mesa. Fixeron a súa primeira ficha na escola. Ninguén se negou, só Ariadna dixo que ela non ía pintar pero logo pintou. A avaliación global podédela facer vos mirando a foto do corcho cos traballos. Hai nen@s que xa se lles nota que pintaron antespois cuidan de cubrir todo e de non saires por fora. Outr@s fan pouquiñas raias e xa esta. E logo tamén @s hai que pintan todo, dentro e fora. A miña opinión é que para se-la primeira ficha esta moi ben.
Presentamos tamén a Regaliz que vai se-lo canciño que nos vai a acompañar durante o curso e nos vai ensinar cousas. Escoitamos a canción de Regaliz e píntámolo (a ficha de antes). Logo estiveron xogando moi ben e moi animadamente.
Como vedes hoxe non comecei falando de bagoas nin berros porque case que non houbo. Todo vai moi ben e para que o vexades póñovos algunhas fotos deles/as traballando ou xogando.
O Luns comezaremos co horario como os demais (de 9.30 a 13.10) ata Outubro. Por certo, perdón pola confusión co horario, pois había xente que pensaba que o horario novo comezaba este Venres. Esto foi culpa da a redacción confusa da nota de inicio de Curso. Co horario de catro horas xa merendadremos na escola polo que si queredes podédeslle mandar algo para xantar.

2 comentarios:

Conchy dijo...

hola!!soy la madrina de Ariadna Rey veo que los niños se divierten mucho tendriais que poner fotos mas grandes pa que se veam mejor.
la página es muy interesante
besos

Anónimo dijo...

poner fotos individuales y mas grands