Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, octubre 20, 2006

Antes de nada, perdón por todos estes días sen escrbir pero como din,"xuntouse a fame coas ganas de comer". Os Martes como temos que estar pola tarde non teño moito tempo e o Mércores e Xoves fun a unhas Xornadas sobre Web 2.0 que organizou a Fundación Amancio Ortega. Alí aprendin bastantes cousas.Algunhas delas espero que axiña as poidades ver no blog, pois teñen relación con él. Tamén nos falaron dos wikis e dos podcast que son outras ferramentas para facer cousas cos nen@s (en Infantil é un pouco mais complicado pero buscarei de atoparlle algún uso).
Pasando ó que vos interesa contareivos que tivemos unha semán con pouquiñas cousas salientables, entre estas poderiamos descatacar que o Luns andivemos traballando co circulo (eu intento que lle chamen circulo ainda que si lle chaman redondo tampouco esta mal pero gústame que escoiten o nome correcto. Pois ben, para recoñecelo, non só visualmente, puxemos dous cestiños con bloques lóxicos ( son peziñas de madeira que teñen as formas básicas: circulo, cadrado e triangulo) e cos ollos tapados había que recoñece-lo circulo polo tacto. Fixéronno tod@s.

Logo dentro das actividades relacionadas co corpo, o Mercores, fixemos un xogo no que cos ollos tapados había que: primeiro atopar a alguén que estaba tocando unha "maraca",e segundo recoñecer a alguén pola voz. Non tod@s quixeron participar pero, no primeiro, @s que o fixeron acertaron sempre. Co segundo custoulles un pouco a algúns.
O Xoves fomo ó video con idea de ver Carapuchiña vermella pero por un erro meu, colousenos o conto "Os sete magníficos" que tamén lles gustou. Seguemos a practicar a subida e baixada de escaleiras.

Xa o Venres foron a Psicomotricidae , pero comigo, pois Tatiana estaba substituindo noutra clase. Aproveitamos para facer unha actividade de preparación dunha ficha do libro. Había que moverse pola espazo sen tocar nos ladrillos do chan. Logo este xogo pasámolo ó encerado onde Carapuchiña tiña que ir á casa da avoa sen tocar nas flores. Moi ben tod@s.

Antes do recreo e despois estiveron pintando con pincel. Fixémolo en grupos de catro pois era unha actividade complexa . Mentres xogaban, merendaban ou estaban no ordenador eu poñíame cun grupo. Sorprendeume bastante, pois quedou moi ben como podedes ver na foto do corcho ( A trampiña que fixen é que eu píntaballes primeiro a beira da mazá e logo eles tiñan que pintar por dentro). Algún pintou moi ben, con moita calma e xeito.









Quería aproveitar e dalas gracias pola participación no blog. Este supón para mi bastante traballo pero non me importa facelo si vexo que vos interesa (e esto o vexo coa vosa partricipación). Penso que é unha experiencia moi interesante (nas xornadas de que vos falei antes saíu mencionado o blog e gustoulles ver que había xente que participaba). Xa me comentaron que hai xente que non ten acceso a Internet , eu sintoo e si queren buscaría de pasarlle o blog en papel impreso de cando en vez. Tamén agradezco as louvanzas pero si tedes que criticarme ou non estades dacordo con algo facédeo tamén, sin dubídalo. Outra opción que tedes é citar algún tema, relacionado c@s nen@s ou coa educación, do que queirades que se fale. Hoxe eu por exemplo vou citar un que non ten que ver coa clase pero que como mestre si quero mencionar. Estamos na Semán Internacional da pobreza e , ainda que eu non estou dacordo cos dias de... ou nas Semáns de..., se non que debería ser todo o ano, si quixera que pensarades nas fotos que estan debaixo e que pensedes que entre @s nen@s de arriba e @s de abaixo non hai diferenzas
Tod@s son nen@s e teñen os mesmos dereitos pero por desgracia a súa vida é moi distinta. Dentro das nosas posibilidades debemos de buscar a maneira de facer un mundo mais xusto pata TOD@S.
(parezo un político pero nin o son nin me gustan).
Remato cun par de citas sobre a pobreza

"Eu coido que o millor medio de axudar ós probes no é darlles esmolas, senon facer que poidan vivir sin recibilas".
Franklin

"Cando dou pan a un probe din que son santo.
Cando pregunto por qué o probe no ten pan, chámanme comunista".
Monseñor Camara (bispo brasileiro)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola, soy la mamá de Abel, le dió reacción la vacuna de la gripe y no va a ir mientras tenga fiebre. La foto en grande de la clase está muy chula. Un saludo y reiteramos nuestro agradecimiento por tus comentarios.

Anónimo dijo...

Noraboa, non me canso de facerlle publicidade a este blog. Creo que noutros colexios xa están collendo exemplo e queren preparar algo parecido, pero como di o refrán o que da primeiro da dúas veces.
Gustaríame que participasen mais os pais e que tamén propuxésemos nós algún tema de debate.
Repito, gracias por todo, porque a min (son o pai de Víctor), axúdame moito saber que actividades fai o meu fillo xa que por traballo pouco tempo teño de estar con él e polo menos así vexo tódolos días como aprende e pasa o seu tempo no horario escolar.