Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, octubre 30, 2006

Estamos rematando o mes e con él o primeiro libro de actividades. A semán que ven rematarémolo e poderedes velo na casa. Con só un mes e medio nótase a melloría no traballo de mesa e por suposto nos hábitos e rutinas da clase. O Xoves non fomos o video, pois atopamos unha millor maneira de ve-las "pelis". Como no "cole" había una televisión sen usar , baixámola para a miña clase e cun DVD portatil vémolas dentro da clase (xuntámonos cos da clase de Lidia). Non é o tamaño do proxector de arriba pero evitamos andar subindo e baixando escaleiras (pasabamos mais tempo nestas que vendo o conto) e ademais non é tan perigoso. Hoxe miramos tres contos: O frautista de Hamelín , Árbores e flores e unha historia de Chip, Chop e Donald.
O Venres tiñamos Psicomotricidade pero como Tatiana esta un pouquiño mal da voz /ten problemas cos nódulos) pois fun eu con ela. Fixeron actividades de desprazamento polos banco. Nas fotos podedes en que consistía.
Como vos comentei nas Xornadas ás que fun a derradeira semán, aprendin diferentes cousas e unha delas foi a poñer videos no blog. Penso que ademais das fotos tamén vos pode gustar ver algún video de cando en vez. A calidade é bastante mala pero é que hai. De tódolos xeitos, estos videos (con mellor calidade) mais as fotos pasaréivolas cando remate o curso. Este video foi gravado o Venres 27 en Psicomotricidade, é moi curtiño, e intentei que sairan tod@s @s que estaban pero coido que me falta un/ha. En vindeiros videos espero que vaian saindo os demais (tamén falta Abel que non veu a clase ese día). Para ve-lo video tedes que picar no trianguliño da parte de abaixo da pantalla)
Aproveito para dalas gracias por contestar a enquisa de Internet. Axiña hei mandar un correo electrónico a cadanseu que mo deu para confirmar que o teño ben. Gracias

Por favor se non vedes o video, perdoade.É o primeiro e teño algúns problemas que espero resolver o mais axiña posible.

Mentres non resolva como ve-lo video podedes picar neste enlace de google video onde si coido que o podedes ver

1 comentario:

Rúa do Sol dijo...

Que chulada de blog!! Atopeino de casualidade e paréceme unha idea fantástica. Moito ánimo.