Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, octubre 05, 2006

Nestes deradeiros días podemos contar que a "normalidade" vai collendo sitio e, cada vez mais, parecemos unha clase de Ed. Infantril e , con tódolos respectos, menos unha garderia.
Houbo sorte e non chovíu polo que puidemos ir saindo ó recreo, tendo un tempo para o lecer ou para soltar adrenalina. Ademais comentarvos que onte "entrounos" un especimen novo na aula; chámase Fiera ( nome suxerido por Mateo e aceptado polo resto) e, a pesares do seu nome, non morde nin fai dano pois trátase dunha tartaruguiña. Cedéunola a "profe" Lidia pois tiña tres. Fíxolles moita gracia e todos querían vela. Durante un tempo estivo o alcance de tod@s (despois de vela por mesas) , logo quedou na miña mesa á espera dun lugar definitivo axeitado. Pouco a pouco irei intentando a maior implicación posible da clase no seu coidado (cambio de auga, comida, vixiancia, ...). Esto faime recordar que xa temos unha nova "rutina" adquirida: nomear cada día, ó chegar, a un/ha axudante/a. Esta persoa vai se-la encargada de botarme unha man durante a clase e ademais será quen se poña diante na fila, cando saiamos ó patio ou para casa. Mais adiante aparecerá outras tarefas.
Hoxe tivemos a primeira clase de Relixión/Actividades de Estudio. @s que quedaron con Maica (profe de Reilixión) pasárono moi ben segundo me dixeron e @as que marcharon con Tatiana tamén moi contentos pois adicáronse a pintarlle casa de Regaliz.
Contarvos que onte e antonte estivemos practicando unha nova técnica: pegar papeliños vermellos nunha ficha de Carapuchiña Vermella. Tatiana e mais botábamoslle pegamento e eles pegaban papeliños recortados por nos, para face-la carapucha. Tod@s moi ben pois ademais fíxemolo por grupos e controlando a actividade. Hoxe estivémoslle pintando a cariña con cera branda e o vindeiro día tocaralle ó pelo. Xa veredes que bonitas quedaron.
Hoxe de momento non hai fotografías pois non puiden en canto poida poñerei algunha

1 comentario:

Shara dijo...

Hi Jos??, I want to introduce you to http://freearticle.name