Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, octubre 11, 2006


O Luns que tivemos Psicomotricidade. Foi unha sesión suave facendo ejercicios de recoñecemento das partes da cabeza.Tocámolas cos ollos abertos, cos ollos pechados, fixemos parellas e tocáronllas @ seu/sua compañeir@. Logo estivemos facendo exercicios de respiración. Na clase fixemos unha ficha de adaptación á escola que trabilla os hábitos higiénicos despois de ir ó baño. Todos sabían mais ou menos, que facer despois. Só recalcamos que tamén tiñamos que lava-las mans. Aquí xurde a primeira incoherencia pois eu dígolles que hai que lava-alas mans despois de facer as necesidades pero cando van no “cole” non as poden lavar pois non lle chegan á billa. Si eu vou a abrirlle a billa e dou media volta , cando @ nen@ volte para clase traerá mollados ata os pes e, se quedo con el/a o resto está só. Total non podemos facer o que mandamos facer.
Despois do recreo estivemos xogando.
O Martes traballamos mais hábitos de limpeza e conteille-lo conto de “Juan el sucio”, ninguén quería ser coma él pero para eso tiñamos que ser ordeados e non luxar moito a roupa. Despois do recreo, como chovía estivemos no gimnasio, quedamos un pouco no cuberto por onde saimos. Tatiana e mais eu deixámoslle xices grosos e pintaron no chan. Todo estupendo ata que á hora de ir para clase decatamonos que tiñamos as mans moi sucias.¡Habia que lavalas!. Por sorte estaba conosco SuperTatiana que foi para o baño con grupos de catro e abríalles a billa e quedaba con eles/as. Mirade na foto a postura de Jorge para chegarlle a billa, Esta simpática pero ¡moi perigosa!.
Aproveitamos tamén para pegar uns gomets nunhas uvas e pintar outras con pintura de dedos (esto derradeiro non deu tempo a facelo tod@s). A pesares do movemento e do barullo Xiao quedou dormido enriza da mesa ata hora de sair. Esto debería facernos pensar sobre no mundo en que vivimos. Hai nen@s que se erguen as sete ou sete e media da mañán e logo pretendemos que rindan na escola ata as duas e media. As circunstancias económicas de cad familia obrigan a traballar tódolos membros adultos e non hai con quen deixar @s nen@s. Non sei cal é a solución o que si sei, por experiencia, é que no podemos ter fill@s para velos ou atendelos, só duas ou tres horas ó día. Segundo a miña opinión é algo mais.
Hoxe Mércores falamos do corpo , das partes da cabeza e da roupa que peñemos e en que orde. Fixemos unha ficha relacionada con ese contido. A verdade foi que me sorprenderon pois ,a inda que a ficha foi bastante “dirixida” , fixéronna moi ben. Non era doada pois os nenos debían pintarlle o pelo e a roupa interior ó neno e as nenas á nena. Logo tiñan que pegar gomets na roupa que lle ían poñer. En xeral todos moi ben.
Rematamos a Carapuchiña que comentabamos o outro día e mirade na foto o resultado ¡A que estan preciosas!. A pesares de todo esta mores de cousas que facemos, quedou dormido outro neno. Hoxe foi Jorge. O probe cando o espertamos para marchar estaba tan dormido que non se aguantaba de pe.
Remato comentandovos que hoxe tedes bastantes fotos e a derradeira e de toda a clase pero fáltanos Alexandra (fixémola onte e ela non estaba), faremos outra outro día.

1 comentario:

MARY dijo...

hola,estan moi ben as fotos,non sei como podedes facer todo,eu con un so neno xa me estreso non me estraña que vos con 23 peor,menos mal que ahi se portan un pouco mellor que na casa.falando de ter fillos estou dacordo con vostede,logo din que non hai natalidade,¿pa que?de todas formas tamen me parece esaxerado o horario pa estes nenos tan pequenos,ainda que o millor non pensa todo o mundo coma min,eu creo que lles chegaba de 10a1 pero e asi, non e obligatorio mandalos pero se non os mandas,tamen logo os outros nenos iran mais adelantados.bueno un saudo,gracias polo blog, esta moi ben