Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, octubre 24, 2006





¡Ola! estamos xa a Mércores e non hai moitas novidades. Unha delas é que nos derradeiros cinco días levamos tres cumpreanos , coas súas correspondentes lambetadas. Así onte que non houba ningunha, Carmen prenguntou onde estaban as lambetadas.
En canto o traballo foron a psicomotricidade i estiveron vendo outras maneiras de desprazarse ademais de camiñando: gatearon, reptaron, deron saltos coma canguros, camiñaron de puntiñas, ...(as fotos son de móvil pois esquecin a camara)
Tamén seguemos "pelexando" coa cor vermella e co corpo (sobre todo a cara). Dentro das actividades previas, pintaron as mans e deixáronnas marcadas na ficha. Coma case todo o que facemos, gustoulles.
Onte presentamos un programa para o ordenador novo, chámase "El conejo lector , Primeros pasos" , esto non é por que xa dominen o anterior senon porque seguemos traballando o manexo do rato e así podían facer actividades diferentes cun mesmo obxectivo. Así que controlen o movemento do rato, pasaremos con aprender a picar ou "clickear". Fixeron un par de actividades ó remate da merenda.
Normalmente non menciono que , por suposto, aprendemos cancións (ou anacos de cancións) pois supoño que volas cantaran na casa. Se non fose así, preguntádelle polas cancións de: Lu, de Martín (("Debajo un botón, ton, ton, que encontro Martin, tin, tin,...), pola do elefante ("Un elefante se balanceaba sobre la tela de una araña, ...) , a do tres (Pi, pi,pi , pita ó longo o tren, pi,pi,pi, pola via ben,...).


Como vos comentei no derradeiro día, gustaríame que este blog servira tamén para falar de temas relacionados coa educación e cos nen@s en xeral. Hoxe quixera falar da enquisa que pasou o outro día o ANPA. Eu non teño nada en contra dela, pareceme ben que se consulte cos pais e nais que lles interesa para @s fill@s e se lle oferten tódolos servicios que se poidan pero, hai unha pregunta en dita enquisa que coido debe facernos pensar que queremos. É a primeira e dí : "Esta interesado nun servicio de merenda que permitise ter @s nen@s ata as 19.45?".
E eu agora agora preguntome ¿temos fill@s para deixalos as 7.30 da mañán e recollellos as 19.45?. Pregunto esto porque con servicio almorzo, mais a escola , mais o servicio comedor, mais as actividades, mais o servicio merenda, podo ter un nen@ fora 12 horas. Xa sei que as circunstancias laborais i económicas non permiten atende-l@s todo o tempo que quixeramos , pero, si non teño tempo para atendel@s ¿non sería mais lóxico non tel@s?. Segundo a miña opinión ter un/ha fill@ non só é trael@ ó mundo senon moitas mais cousas, entre elas adicarlle tempopara falar con el/a, para escoital@s, para amosarlle cousas,.... Hai cousas que non podemos pretender que fagan os demais, se non podemos facelo entón millor non ter fill@s. Como vichedes no blog hai nen@s que se durmiron na clase algunha vez (onte voltaron a durmirse dous na derradeira media hora) e esto pode ser por cansazo, enfermidade ou non durmir dabondo. Si eu ergo un neno da cama as sete da mañán debería deitalo as oito da noite. Si ese neno pasa todo día fora e logo ven e durme ¿realmente son eu o seu pai/nai ou que son?
Espero as vosas opiniones

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola! Son a madriña de Carmen, e gustaríame felicitarvos polo traballo que facedes neste blog, xa que gracias a el podemos seguir de máis preto o que aprenden os nenos na escola.

MARY dijo...

hola,eu opino o mismo sobre o de ter os nenos no cole tanto tempo,o meu deitase as 8 ou como moi tarde as 9 e ainda asi,as veces non lle chega,ven moi cansado,e so vai o cole,pareceme xa excesivo o horario para os de esta idade,pois alguns chegan a casa para comer as 3 ou 3:15,eu creo que alguns co sono que teñen xa nin comeran,e outros,acaban de comer case as 4.
bueno,cambiando de tema,estan moi ben as fotos, vense moi entretenidos con tatiana e cos ordenadores,gustame moito todo o que lles ensinades,o meu cantame as cancions,e falame tamen de maika que supoño que e a profe de relixion,e tamen lles canta creo.bueno un saudo.