Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, octubre 07, 2006

Rematamos a semán con mal tempo o que provocou non poder sair ó patio e ter que quedarnos no ximnasio. Por sorte, como os Venres imos ter Psicomotricidade a primeira hora, a mañán foi mais levadeira para @s nen@s. Estivemos traballando nunha das fichas de adaptación que veñen co método (por certo ainda nos faltan os libros de duas persoas , esperemos telos para a semán que ven).
Onte esquecin comentar que logo do recreo fomos á sá de audiovisuais por vez primeira. Estivemos vendo un anaquiño do primeiro episodio de "David el Gnomo". Non nos deu tempo a velo todo pois para ir ata alí tivemos que subir bastantes escaleiras, pois esta no primeiro andar. Esto levounos un pedazo pois tiñan que ir en fila , agarrados o pasamáns (ó que non lle chegaban) e sin agarrarse do mandilón do de diante. Para baixar o mesmiño pero co risco de que se alguén tropezaba , levaba por diante a tod@s. Para non telo feito nunca , non nos saíu nada mal. En canto poidamos voltaremos.
Esta semán non houbo fotos pero espero compensarvos para a vindeira pois sei que @s pais/nais é o que mais vos gusta. Por favor gustaríame que de cando en vez me fixerades algún comentario ou algunha pregunta, sobre o que ledes no blog.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola son a mama de victor non se me da moi ben esto por eso non fixen ningun comentario, o papa que si sabe non ten moito tempo.pareceme unha idea xenial e miro todolos dias,estou dexexando velo.miro a todalas horas aver se puxo algo.gustariame que me comentara cousas sobre o neno ainda que o millor estou pedindo moito e xa bastante fai.un saudo e gracias pola pacencia que ten e por todo en xeral

MARY dijo...

Hola son a mama de victor non se me da moi ben isto por eso non fixen ningun comentario,o papa daselle mellor pero non ten moito tempo.Pareceme unha idea xenial miro todolos dias,estou dexexandovelo,miro a todalas horas casi aver se puxo algo.Gustariame que comentara mais cousiñas sobre o neno se se porta mal ou cousas que faga pa eu axudar na casa a que as faga o millor estou pedindo moito e xa bastante fai.un saudo e moitas gracias por adicar o seu tempo a isto

MARY dijo...

Hola son amama de victor,non se meda moi ben isto por eso non fixen ningun comentario antes,o papa daselle mellor pero non ten moito tempo.pareceme xenial o blog miro todolos dias case a todalas horas aver se puxo algo novo.Gustariame que comentara mais cosiñas sobre o neno,o que fai mal ou que sexa para intentar correxilo eu tamen na casao mellor estou pedindo moito e xa bastante fai.un saudoe moitas gracias por adicar o seu tempo a isto

Anónimo dijo...

Hola somos os pais de PAULA PORTOS,queremos darche a enhoraboa polo blog que escribes todalas semas.PAULA contanos as cousas a medias :quen e a axudante cada dia,as cancions que cantades os contos,a cancion que mais-lle gusta e a de lu-lu,explicanos como facedes gimnasia.Gustalle xogar co ordenador,dinos que o mover o raton aparecen os escondites dos animais.As fotos e as explicacions estan moi ben.Gracias por adicarnos este tempo a explicarnos o que fan durante as horas de clase.