Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, octubre 02, 2006


Xa estamos co horario "normal" , o das cinco horas, e , a verdade, a mañán fíxose moi longa pero non foi só polo aumento de horario se non que tivo moita culpa o tempo. Cando chove, coma hoxe, non podemos sair o patio e temos 25 minutos para estar no ximnasio grande.Deses 25 minutos, perdemos cinco facendo as filas para recoller pois veñen os de Primaria a Ximnasia. Total que é case coma se non tivesemos recreo. É un pouco incrible que nun pais coma este , onde chove bastante a miudo, non teñamos un patio cuberto.
Cambiando de tema hoxe fixemos a primeira sesión de Psicomotricidade, ía se-lo Venres pero por motivos de organización no "cole" non puido ser. Portaronse moi ben e fixemos algúns xogos como : imita-lo son da chuvia golpeando dous dedos, soplar un anaquiño de papel coma se fose unha folla, xogar cos aros a estar dentro-fora ou camiñar pola alfombra esquivando as torres de espuma. Imos ter Psicomotricidade os Venres, ó chegar, con Tatiana e os Luns , antes do recreo, comigo. Ademais os Xoves teremos Relixión-Actividades de Estudio con Maica e Tatiana.
Despois do recreo comezamos a ir os ordenadores por parellas e xogando libremente. O xogo é o que mencionei o outro día (Trampolín Primeros Pasos). Imos estar con él un tempo, un mes mais ou menos, e logo probaremos outro. Mañan intentaremos comezar cos libros pois ainda non puidemos , xa que lles faltan a dous nen@s.

No hay comentarios: