Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, noviembre 08, 2006



Nestes días andivemos preparando a Festa do Magosto e para eso ademais dos traballos que facemos , habitualmente, estivemos preparando unha diadema-coroa da señora castaña. Píntamola primeiro con cera Jovi marrón claro, logo con Manley marrón oscuro. Despois de recortalas , botámoslle alquil e , por fin fixémoslle unha cinta para suxeitala. nesa cinta ía un vermiño que ía come-la mazá. Cadánseu fixo unha , agás Martín e Paula que non estiveron onte.
Hoxe , ata hora do recreo estiveron con Tatiana, pois a min tocoume asalas, polo que pouco vos poido conta. Somente que fixeron unha ficha e Tatiana , a pesares de estar conosco moi a miudo , quedou "gratamente" sorprendida do ben que a fixeran. Eu non as puiden ver pero estou seguro que a traballaron moi ben porque sempre o fan moi ben e son moi traballadores/as. Na festa comeron as castañas que estan moi boas ( algunha quizais algo crúa, pero polo xeral estaban ben pasadas). Non todos as comeron pois sobraron bastantes pero tódolos anos pasa igual pois os que mais comen, comen media ducia e hai varios que non as proban. Da miña clase vinllas probar a bastantes pero tamén sei doutr@s que nin as tocaron. Como estaba previsto tiveron sede e , ainda que din que a auga non é moi boa bebéronna pois os zumes so daban para algúns grolos. Como estiven algún tempo na cociña , non puiden facer todalas fotos que quixera pero hai vos van unhas poucas. O que si temos, por fin e unha foto de toda a clase, pois hoxe estabamos tod@s.
Gracias pola colaboración

1 comentario:

Anónimo dijo...

BOAS TARDES, SON A NAI DE CARMEN, DEBEU DE ESTAR MOI AMENA A FESTA DO MAGOSTO, E ESTAN TODOS MOI GUAPOS CAS SUAS COROAS DE CASTAÑA. XA ME GOSTARIA IR A MIN A UN FESTA DESAS, CANDO NOS ERAMOS PEQUENOS NON NOS FACIAN A FESTA DO MAGOSTO.