Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, noviembre 01, 2006

O Luns estivemos facendo a cara dun bonequiño , "Pín Pón". Esto servíunos para ir momerizando a súa canción que decía: "Pín Pón és un muñeco muy grande y de cartón, de cartón, lava la carita con agua y ..." ¿recordadela?. A cara fixérona a partires dun circulo no que foron poñendo boliñas ou churros de plastilina, logo pegámoslle o pelo dun anaco de xornal e cun pauiño por detras e un lazo de pasta quedou precioso. (Non hai foto do final pero si dunha parte do proceso).
O Martes rematamos o primeiro libro de fichas ( nel falabamos do corpo e da escola) que levaran o Venres xunto coas cinco fichas de Adaptación que taraía o método. No libro pódese ver algo o avance pero onde millor se ve e nas fichas de multicopista. A razón é que o libro comezámolo a facer sobre o 3 ou 4 de Outubro e daquela xa levabamos feitas varias fichas.
Como anecdotas comentar que despois de varios días sen vir por motivos de saude, incorporouse Abel. Cando cheguei á fila non choraba, tiveno que coller no colo pero a diferencia con inicios de curso, antes de chegar á clase case que xa rematara de chorar. Razóns desto: O neno xa sabe que o van vir buscar , coñece a tódol@s amig@s que hai dentro, sabe o que vai a atopar e sabe que alí dentro hai adultos ós que pode recurrir e pedir axuda. Non ten angustia , ten confianza.
A outra anecdota sucedeu con Jorge. Fixemos actividades relacionadas cos sentidos, como por exemplo:
Cos ollos tapados recoñecer instrumentos musicais (triangulo, maraca, campaiña ou pandeireta).
Logo había tres paquetiños cadanseu cun algodón que tiña vinagre, suavizante ou colonia. Tiñan que ulir e comentar se era agradable ou non. Por suposto o vinagre non lle gusto a case naide. E logo para rematar tiñan dous vasos con auga con sal ou con azucre. Probaban un e dicían se lles gustaba e que tiña. sal ou azucre. Probaron moit@s e acertaron case que tod@s. Despois de facer estas actividades previas tiñan que facer unha ficha onde unían con trazo vertical ( que tamén o estamos a traballar) un nariz cunhas flores, unha boca cun bocadillo , un teléfono cunha orella,....Así que remataban debían pintalos debuxos e resulta que Jorge estaba pintando o "bocata" e tiña en branco o teléfono polo que lle dixen que o pintara. Pasados uns minutos seguía todo igual pintando no bocadillo polo que volvín a repetirlle o mesmo. Así outra vez mais ata que se me ocurríu pedirlle que sinalase o teléfono e sinaloume o bocadillo. Ahí estaba o "problema", os tempos cambian e o que para min era un teléfono e non o recoñecía e o que mais se lle parecía e era o bocata (semellaba un móvil). Esto amosoume cun pequeno detalle que lonxe pode estar o que pensamos os adultos do que pensan @s nen@s. Que no ensino , ás veces, influen variables que os "profes" non vemos pois consideramos que o que nos temos claro, @s nos@s alumn@s tamén o teñen que ter. Foi unha boa cura de humildade. (na foto podedes ve-los debuxos)

2 comentarios:

MARY dijo...

hola,moi bo o de jorge,ten razon, agora con tantas modernidades,calquera lles di que o outro é un telefono.xa vimos as fichas,estivemolas mirando,contounos moi contento todo o que fixo,estan moi ben.un saudo

MARY dijo...

hola,moi bo o de jorge,ten razon, agora con tantas modernidades,calquera lles di que o outro é un telefono.xa vimos as fichas,estivemolas mirando,contounos moi contento todo o que fixo,estan moi ben.un saudo