Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, noviembre 12, 2006

O Xoves iniciamos a Lectura. Dito así soa moi incrible, dada a idade dos nen@s pero agora me explico.
Comezamos nos primeiros pasos da lectura que consiste en ler grupos de imaxes dispostas en horizontal. Tod@s leron un grupo de cinco imaxes que de cando en vez ían variando.Logo ensineilles o primer pictograma, comenteilles que era un debuxo que cando o viramos íamos "leelo" dun xeito determinado. Este primeiro pictograma era o de comer. Con él e un par de debuxiños maios formamos e lemos as primeiras frases do tipo de: O coello come unha cenoria, o rato come queixo, .... Despois e aproveitando que o día anterior fixeramos o Magosto puxemos a frase "o neno come castañas" e logo cadanseu tiña que, coa súa foto e na ficha, facer a frase " o/a nen@ come castañas ". Se estaban ben postos os debuxiños ( na orde correcta) eu pegáballos , se non intentaba facerlle ver cal era a orde.
Con esta ficha e posteriores parecidas van ir facendo un libro de lectura de pictogramas para levar cando remate o curso e o poidan ler no verán.
O día seguinte, Venres, falamos da importancia do descanso , de durmir o necesario para estar ben na escola. Preguntei a cada un/ha con quén durmía e ó redor do 50% faino acompañad@. Comentamos que había que durmir só/a e que non había que ter medo de nada. Para axudar con esto conteille-lo conto de "María non ten medo". Nel conta a historia dunha neniña de tres anos que quedou coa súa tía e que esta para que fixera as cousas ( como comer, recoller ou deitarse) dicíalle que tiña que facelo pois se non ía vir o coco, ou un vampiro , ou bruxas, .... A nena que era moi valente amosoulle á tía que todo eso non existía e a tía entón explicáballe as verdadeiras razóns polas que hai que face-las cousas.
De momento non vos poido poñer fotos pois me quedou a camara no cole. Espero que a vindeira semán xa poida.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola somos os pais de paula:tamos moi contentos por todo o que lle ensinades os nenos,a paula notaselle cada dia mais todo o que aprendeu.Alegramonos de que teñan uns profes tan bos e tan atentos,se necesitades algunha cousa pa axudarvos a que sexa un pouco mais levadeiro avisade.AS fotos do magosto estan moi ben.GRACIAS.

MARY dijo...

Hola alegrome moito do que lles ensinades sobre todo o de facer esas cousas sos o de durmir por exemplo, pois o meu costalle moito, pois e moi medoso e non sei como facer pa que non teña medo.Estou moy agradecida por todo un saudo

camilo y bea dijo...

hola somos bea y camilo los papas de xiao por fin hemos visto y leido tu blog, nos parece un esfuerzo extra por tu parte que solo se entiende que salga de un profesional al que le gusta su trabajo y los niños sobre todo, nos gustan las fotos y sobre todo el video ya que muchas veces nos preguntamos como estara nuestro hijo en clase.Por eso te queremos dar la enhorabuena y animarte a que sigas con esto.
Con respecto a las horas que se pasa el niño en el colegio estamos de acuerdo con lo que comentas, pero hay situaciones en las que es muy dificil hacerlo de otra manera, procuramos que nuestro hijo este atendido de la mejor forma y el tiempo que esta fuera del colegio que lo pase con nosotros. Desde que ha empezado el colegio el niño esta dejando de dormir la siesta por lo que hemos decidido acostarlo mas temprano(21:00) y que duerma un minimo de once horas, opinamos que deberiamos esperar unos dias de adaptacion y ver su evolucion en este sentido. Un saludo y repetimos nuestra felicitacion por este blog.