Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, noviembre 19, 2006

Ola de novo, xa estou outra vez pòr aquí. Esta semán voltei a ter un cursiño o Mércores e mailo Xoves que o xuntarse coas tardes dos Martes nas que temos que vir ó cole fixo que non puidese publicar nada.
Comezarei contandovos que o Luns en psicotricidade fixemos varios xogos de saltarcos pes xuntos dentro dos aros e logo camiñar cun saquiño de area primeiro e logo de corcho branco na cabeza. O dos saltos mais ou menos ben ( hai nen@s que lles custa saltar cos pes xuntos moito) , logo o do equilibrio cos sacos poucos puideron ( coa area ningún. Outro día voltaremos a intentalo.



O Martes fixemos a primeira presentación dos números e, loxicamente, comezamos polo un (ainda que hai compañeir@s que o fan polo 0) estivemos aprendendo unha canción, logo andivemos collendo unha cousas de entre un grupo, pasamos xa para o encerado onde tiñan que recoñece-lo número e rodealo.(aquí tamén xa se notou a melloría con respecto ós inicios de curso pois antes cando rodeaban pasaban por enriba do rodeado pero hoxe non lle tocaron o un). Rematamos facendo o número en grande e coa ficha que tiñan que colorear (ademais puxemos un sol, un Regaliz e unha flor).
Logo do recreo rematamos de pintar unha casiña para Regaliz e fixemoslle as tellas co dedo mollado en pintura ... vermella ( para variar). O día seguinte pegamos a Regaliz e quedou unha ficha moi bonita que xa veredes.



O Mércores andivemos con pintura tamén pero agora co pincel e así pintamos unha folla coas cores habituais no Outono. Boteille marrón, laranza , amarelo e verde enriba da folla e eles foronos xuntando e pintando.



O Venres dedicámolo a falar do Outono , das características principais: caida das follas, choiva, marchan os paxariños, nacen setas , aparecen os caracois ,... e tamén miramos os productos do campo típicos da tempada. ademais dos que tiñamos na clase coma as castañas, amendoas, avelás, landras e ourizos, Tidia pasounos diferntes cabazas, unha mazorca de millo e unhas polas de "madroño" co seu froito. Contamos o conto dunha folla, chamada Catalina,que caera dunha árbore e a conversa que tivo cunha esquío, chamada Rita, sobre o motivo da caída.
Remato dicindo que toda a semán estivemos moi poucos (entre 15 e 117) polo que se notou bastante. Esto permitíu traballar mais tranquilamente e unha millor atención d@s nen@s. Ademais tiñan mais espacio para xogar. Esta claro, alomenos para mín, que un número maior de 15 nunha aula de tres anos é unha tolemia , pois non podedes atender ben @s nen@s e hai unha falta de espazo que orixina , ás veces, tensións e accidentes.
Ah que sempre me esquezo dunha cousa que hai tempo quería dicir:
Perdoade os erros de escritura son consecuencia das presas..Debería repasar os textos antes de subilos a rede pero escribi-lo blog e poñe-las fotos levame bastante tempo y si ademais me puxese arepasar todo pois, probablemente, non puidese actualizalño tan a miudo.

1 comentario:

MARY dijo...

Hola,non te preocupes polos erros,entendese ben,só quería comentar que a ver si che poden sacar algunha foto a ti cos nenos que nunca saes ti,así teñen os nenos un recordo do profe,dille a Tatiana que che saque unha cos nenos,un saudo e gracias.