Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, noviembre 05, 2006




Poucas novidades que contarvos. Como anecdota repetida é que outro neno voltou a quedar durmido e, se non fora por que os demais estaban xogando o seu redor, pensaría que "as miñas clases son un tostón". A verdade é que en case tódolos grupos tiven algún/ha nen@ que quedou durmido pero tant@s como este ano non tiven.
Como vos comentei rematamos o primeiro libro é a avaliación que se pode facer paréceme que é positiva. A adaptación á escola é total pois non hai rexeitamento a vir( e cando hai algún , os motivos son alleos á escola). As rutinas de funcionamento e os hábitos de traballo estan mais ou menos incorporados ( os hábitos nalgúns mais que noutros pero en xeral en tod@s houbo gran avance). En cando ós contidos tamén houbo adquisición destes, así aumentou o vocabulario, millorouse o esquema corporal ( sobre todo o relacionado coa cara), memorizáronse cancións , etc.
Si queredes naca e de cando en vez pedídelle que vos debuxe un nen@ que pode ser el/a ou un familiar. Ainda que de momento faga o boneco como un gran cabezón con pernas e brazos , non vos preocupedes, coméntadelle que as extremidades non poden sair da cabeza pero sobre todo mirade que poña: ollos, nariz, boca, orellas e pelo ( e que estean ben situados).
Póñovos unha foto da casa da nosa mascota Regaliz que fixeron en actividades alternativas á Relixión Marco, Sara, Celia e Ariadna. A verdade e que quedou preciosa

No hay comentarios: