Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, diciembre 08, 2006

Achégase o Nadal e xa comezamos a falar de él. Tamén iniciamos o 3º libro de Fichas onde ademais das festas imos falar da alimentación.
Como vedes nas fotos nestas dous días presentamos o trazo horizontal que fixemos primeiro no aire, logo no encerado e ,por fin , na na ficha. En xeral, moi ben , ainda que hai que ter moito coidado pois ,en canto non @s ves, xiran a ficha e convirtenno en vertical . Tamén presentamos unha nova cor ( xa sei, que caseque tod@s coñecen a maioría das cores pero hai quen non e, ademais, ven moi ben repasalos e coñecer as tonalidades). Na ficha do libro pegamos papeliños de diferentes tonalidades, logo de buscar pola clase cousas azuis. ö remmata-la ficha estiveron facendo colares de botóns desta cor.
Traballamos a nosa parte "artística" pintando co pincel o número 1 (o Luns) e estampando ondas e un parruliño con esponxas. As duas actividades sairon ben , tendo en conta que na primeira o número tiña as beiras pintadas e na segunta foron pasando un/ha a un/ha polas mans de Tatiana.
Xa puxemo-la árbore na clase pois falando con eles/as a maioría xa o tiñan posto na casa. Nos vindeiros días seguiremos a decora-la clase con adornos feitos por tod@s. Tamén cantamos algunha panxoliña , ainda que só unha vez.
Sobre a páxina web , comentarvos que os grupos de fotos que se poden descargar, non son para imprimir, son só para velos con mais detalle. Se só fora unha ou duas fotos non habería problema e , pero ó ser tantas é imposible facelo a traves de Internet. Eu teño pensado que , cando remate o curso , darvos un Cd ou un DVD con tódalas fotos, pero si alguén ten interese en telas antesque mande un Cd polo nen@ e eu cópiollas nel. Logo pode imprimir as que queira. ë a única solución que se me ocurre.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Jose Carlos, son unha mestra de Educación Infantil que atopou esta páxina por casualidade e pareceume unha labor superinteresante a que estás facendo tanto a nivel de aula como con este blog. Dasme moitas ideas e vexo a miña motivación nas túas palabras. felicidades por manter a ilusión de ser mestre. non é doado.

José Carlos dijo...

Tódolos comentarios, positivos ou negativos, son de agradecer pois aportan animos ou posibles milloras pero, tendo en conta "a publicidade" do blog fíxome moita ilusión o teu. Por suposto conta comigo par calquer tipo de axuda que precises.

MARY dijo...

Hola,son a mamá de Victor,estaba lendo o comentario desta mestra,e alegrome moito de que aguen así che diga o ben que está o blog,pois así ves que non son piropos os dos papás,alegrome tamen porque me parece moi ben todo isto e espero que se animen mais profes a facelo,pois e unha bonita maneira de poder ver os nosos fillos un pouquiño e ver o que fan.Gracias polo teu esforzo e noraboa