Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, diciembre 03, 2006


Andivemos nestes días traballando de novo co número un , no encerado e na ficha. Ademais fixeron un autoretrato na ficha pois había que debuxarse. Co número moi ben, cada vez controla un chisquiño mais o trazo , e levan bastante ben a dirección deste. Polo que se refire á figura humán , non tan ben. Pero é normal pois ainda son moi pequechos, seguiremos a traballar neste aspecto.
Por ser Venres foron a Psicomotricidade con Tatiana , ali fixeron un circuito que consistía en diferentes actividades (gatear, saltar , alternar salto cos pes xuntos e con eles abertos). Como caseque tódalas actividades de xogo, gustoulles moito.
Aproveitando que non teño moito que contarvos da clase coméntovos que xa esta funcionando a miña páxina web. Nela hai cinco partes: Inicio, unha pequena biografía miña, a miña aula, cousas para todol@s nen@s, e para outra para "profes".
Na parte da aula tedes a posibilidade de descargar pequenas presentacións de grupos de 10 fotos. Estan organizadas por "temas" e son de tamaño maior cas do blog. Deberían poder verse con picar duas veces no arquivo que baixedes pero, si tedes algún problema comentádemo. Hai programiñas sinxelos para descargar (son de balde), ainda que non todos serven para tres anos.
Procurade que cando vaiades á paxina web teñades a pantalla do ordenador configura en 1024x768 pixeles. Esto pódese ver picando co botón dereito e calquer parte libre do escritorio, logo no menú picamos en propiedades. Na ventá que apareza picaremos na solapa superior en configuración, aparecendo na parte inferior en cantos píxeles esta a pantalla (pode ser en 800x600 ou 1024x768). Cando cambiemos vainos preguntar si estamos de acordo e dicimos a todo aceptar ou si.
Calquer dúbida , por favor, comentádea, así coma calquer erro que vexades pois é a única maneira que teño de poder poñe-la ben. Ainda que eu a revisei hai cousas que non as vin.
Si queredes ir a ela picade aquí.
Por favor, cando fagades algún comentario no blog , poñede con que nen@ da clase tedes relación, pois si vos quero facer algún comentario non sei quén é.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola soy el papá de Abel y acabo de entrar en el nuevo enlace que nos has proporcionado, quiero agradecerte el buen rato que he pasado ojeando las fotos de los niños. Viendo como trabajan y se divierten, sinceramente, creo que nuestros niños están en muy buenas manos.

MARY dijo...

Hola,quería decir que estuvimos mirando lo que nos pusiste en el blog,que está muy bien,te agradecemos mucho tu esfuerzo ya que eso lleva mucho tiempo hacerlo, están muy bien las fotos,pero provamos para imprimirlas y no nos deja,no nos da la opción de imprimir,dentro de la foto.Tambien quería decir que lo de las rayas verticales ya lo entendí,en las fichas de clase que trajo víctor.un saludo y gracias.