Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, diciembre 20, 2006



Comezamos a derradeira semán antes vacacións de Nadal e que millor para comezala que tendo unha visita. Hoxe estiveron no "cole" os Reis Magos , mais exactamente un par de paxes reais, que viñeron busca-las cartas. A expectación era bastante gran de e, coido, non os defraudou pois chegaron en camelo-quad (que para @s que non saibades o que é , consiste nun quad "tuneado" de camelo). Leronlle unha cartiña e logo individualmente foron entrgando as súas cartas. Alguén estaba un chisco asustada pero aguantou as bágoas e deulle a carta. Todo este proceso esta recollido en fotos e nun video que nas vacacións poñerei a vosa disposición na miña web (grupos de fotos) e no blog (o video). As fotos individuais teñen unha calidade xusta pero foron en interior e con moito barullo. Ademais hai un tres ou catro nen@s que faltan nesas fotos individuais pois como era todo tan axiña. ó flash non lle daba tempo a cargar. Pensade na situación de dous "profes" quitando fotos e gravando con outra camara , pero tamén intentando atender para que foran pasando e non estorbasen. Logo aproveitei e fomos para o patio onde, comoeramos a única clase nese momento, aproveitei para quitarlles fotos xogando que xa veredes.
A pesares da vista traballamos igual (alguén terá quie facelo no país) e fixemos unha ficha no libro onde punteamos dentro dunha mazá , co fin de imitar ós famosos pintores puntillistas e houbo de todo. fichas moi boas e outras nas que o autor metíu algunha raia polo medio o ouxo os ountos pegados , con sensación de borrón.
Démoslle un repaso ó trazo horizontal e xogamos.
Onte fixemos unha portada para as fichas. Nela había que primeiro pintar coa pintura azul escuro deitada, para oscurece-lo fondo, logor picar unha estreliña que había , poñer por tras papel dourado e, despois do recreo, fixémoslle a cola da estrela con papeliños dourados sobre cola branca. Levoulles moito tempo pero quedou moi lucida , xa veredes.
Tamén traballamos no libro onde aproveitando a panxoliña "La marimorena" (que é a que mais a miudo cantamos) rematamos a ficha onde estaba o portal de Belen, pero faltaban o sol, a lua e as estrelas das que fala a canción.
Hoxe por fin rematámolo libro cun par de fichas adicadas o número un , que a verdade todos o repasaron moi ben , comezando pola parte correcta, saíndose pouco e facendo os números na direccionalidade correcta (primeiro o número que esta no lado esquerdo , e logo o do lado, avisándoos por cal deben comezar).
A outra ficha era de pictogramas e había que completa-la frase " o neno.... un platano"; había duas pegatinas para escoller: comer e beber.
Hoxe levaron o Boletín ne "notas". Como xa comentei na reunión de inicio non é fiable pois hai cousas que eu coido que non saben facer porque falan mal ou pouco, e que si saben. De tódolos xeitos solo é algo formal que temos que cubrir. Si queredes informacións mais completa vinde falar comigo un Martes (aqueles que non viñeran).
Aproveito para comentar que o Venres faremos unha festa de Nadal. Non teñen que traer nada , nin merenda tampouco. Paserémola mañán xogando, comendo e bailando.
Na porta pola que saen hai unha foto-montaxe que fixen coas caras deles/as.(Aquí no blog pódédela ver ó final) Quen a queira podea descargar na miña páxina web. Alí verá outra que tamén esta ben pero é mais sinxela. Si alguén non pode baixala, e a quere, que me avise e eu pasaríalle un disco Cd co arquivo para que fora a unha tenda a imprimila.
Si algun/nha falta pola carpeta , que a traia pois fai falla para o Venres. Agora cando a leven xa non teñen que traela de volta (logo das vacación) pois temos a do 2º Trimestre na escola.Por si alguén non sabe como ir a miña páxina web que pique aquí

No hay comentarios: