Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, diciembre 17, 2006


Poucas novidades teño para contarvos. O Xoves , como fixemos nas derradeiras semáns , adicámolos á prelectura facendo unha frase nova e repasando os pictogramas que xa coñeciamos(ver e comer). Logo do recreo estivemos vendo un video de Disney sobre o Nadal pero non deu tempo a rematalo pois era un pouco longo (a vindeira semán farémolo).
O venres non puideron ir con Tatiana a Psicomotricidade pois tivo que sustituir noutra clase. Foron comigo e fixemos algúns xogos relacionados co recoñecemento das cores azul e vermella. Logo o voltar para clase tiñamos que preparar a carta dos Reis Magos pois comentáronnos que ían vi-lo Luns pola mañan. Pintaron a carta e logo tiñan que escoller ata dous xoguetes de revistas que había no "cole", eu recortáballes as fotos e pegábamola na carta. Houbo algo de descontrol cando comezaron a rematar de pintar pero xa temos as cartas.
Logo do recreo ainda fixeron unha ficha do libro (como vos comentei , nestes días, andamos co tempo bastante xusto para facer moitas cousas) onde íamos traballar o trazo co circulo. Recoñecéronno ben e logo para facelo alguns/nhas tiveron problemiñas pois había que repasar con lapis , na dirección que marcaba unha frechiña e comezar no punto marcado (demasiadas variables a ter en conta, pero que son necesarias para coller unha direccionalidade correcta, moi importante en posteriores traballos de trazo).

No hay comentarios: