Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, diciembre 22, 2006

Xa estamos de vacacións e os dous derradeiros días adicáronos a lacazanear un pouco (que tamén é importante de cando en vez). ComaO Xoves había Relixión e logo do recreo video, só fixeron a ficha de prelectura dos Xoves. Leron todos no encerado unha frase de tres elementos (suxeito-verbo-ob. directo) combinando os dous pictogramas que traballaramos(ver e comer).Todos ben. Á volta presentaremos un novo pictograma.
No Venres ainda traballaron ainda menos pois ó chegar, levounos Tatiana á Psicomotricidade, alí a "profe" tivo que cumprir a promesa feita de que o derradeiro día, antes de vacacións, ían xogar con tódolos xoguetes que había, cada un/nha co que quixera. Eu estiven por alú un ratiño facendo fotos e disfrutaban moitisimo.





Despois na clase xogaron cos xoguetes ata que comezamos a facer a "famosa" tarta de Nadal do "chef" José Carlos.Os ingredentes foron complexos de atopar: Nocilla, sobaos, lacasitos e gominolas. Puxemos vintedous sobaos (faltaba Raul) nunha bandexa e fomos dandolle forma de árbore, logo untámolos coa Nocilla. Puxemos na parte superior unha estrela feita con pan Bimbo que tamén untamos. Comezaron a axudarme botando tres lacasitos cada un/nha, imitando as bolas da árbore. Logo rematamos con gominolas e unha especie de fideos de cores. Como vedes na foto o aspecto era moi apetecible ( ainda que o"producto" non era o mais axeitado para diabéticos).
Ó rematar repartina, xunto con outras lambetadas coma gusanitos, estrelas de pataca, bolas de queixo e turrón brando. Para beber "champagne de cola" e auga galega. Agás dous, todos probaron a tarta , do resto case non quedou nada. Todo estivo moi ben sendo o único erro o retraso no comezo da tarta.Logo, coma sempre, andabamos co tempo xusto para ir ó patio. Ademais os vasos de usar e tirar son moi comodos pero non teñen estabilidade e caeron alómenos unha ducia de veces.
Nas vacacións ía poñer paquetes de fotos de hoxe e do Luns (visita reis) na páxina web pero non o podo facer, por cuestións técnicas, ata chegar o "cole".Nos primeiros días, logo das vacacións, poñereinos. Deixivos o video de Reis (por se acaso non se vise poñereino outra vez nunha entrada nova)
O blog , en principio, suspéndese ata o comezo das clases pero si teño algo que me apeteza contar, igual me poño un día.
BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2007

No hay comentarios: