Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, septiembre 15, 2006

É Venres e xa estamos tod@s, pois entraron: Carmen, Andrea, Alexandra, Sara e Susana. Hoxe foi unha tolemia ó inicio, oíanse bastantes berros e choros. Logo , asi que sairon as nais/pais foise calmando o "temporal" e agás un par de casos, non houbo apenas bagoas. Ademais da axuda , inestimable, de Tatiana , tiven tamén a dun moi voluntarioso Abel pois, como se ve na foto, tratou de acougar a Carmen que no seu primeiro día botaba de menos a súa nai. ¡E conseguíuno , durante algúns minutiños!.
Seguimos sen poder facer nada que non sexa aguantar pois, de momento, hai demasiado barullo na clase. Voltou Jorge que pasou a mañán buscando a súa avoa , na derradeira media hora xa estivo bastante mais tranquilo.

Voltamos outra vez a xogar cos ordenadores, por ver se conseguiamos calmar os mais nerviosos. Esta claro que hai nen@s que lles gusta moito xogar co ordenador. En canto poidamos comezaremos a xogar con eles pero dun xeito controlado.
Ó igual que onte, hoxe tamén fomos ó patio onde , por regra xeral, hai bastante tranquilidade. Sería desexable que @s pais/nais que veñen velos fill@s na hora do recreo non o fixeran poia , hai veces que estan moi tranquilos e contentos e ó ver alguén coñecido voltan a chorar
Xa temos seis nov@s amig@s pois hoxe, Xoves, comezaron a escola :Xiao, Nico, Mateo, Hugo, Jose e Ariadna. Ata o de agora foi o día mais tranquilo pois ainda que Tatiana estivo conosco un ratiño, axudándonos cos puzzles, logo marchou e conseguimos contar un par de contos que tod@s escoitaron con atención: Os tres proquiños e Garbanciño.



Tamén estivemos pintando ou garabatexando polo encerado, a verdade é que era moi divertido poder facer rais e logo borralas sen problema.


Faltou Jorge, espero que non fose porque onte chorou moito pois entón a adaptación sería moito pior.
Conseguimos entrar do patio e logo sair para casa cun tren moi ben feitiño e sen soltarse, ademais, antes de marchares para casa, cantamos a canción de Lu que lles gustou moito.

miércoles, septiembre 13, 2006

A clase xa vaise enchendo de nen@s pois hoxe comezaron Sandra, Victor, Jorge, Iago, Marco e Paula. Coma onte houbo bastantes bagoas e algún que outro berrido. Xa levo comentado moitas veces que esto é o pior do meu traballo, sinto unha impotencia moi grande pois vexo a alguén moi indefenso chorar e pasalo moi mal e non sei como evitalo. por moito agarimo que poña nos meus xestos ou nas miñas verbas, non as escoitan. A miña experiencia dime que a "solución" é seguir con ese agarimo e darlle tempo a adaptación. Por certo habería moito que falar dese periodo de adaptación de si é realmente tal ou é un "quedaben pedagóxico". Ademais dos choros de duas ou tres persoas hai alguns outr@s que non choran pero nótaslle unha angustia e unha tensión na cara que tamén che preocupa.Saben que non deben chorar , que non vai pasar nada, que son "maiores" pero non estan comodos, non os ves ledos ou soltos.
Aproveito este diario para agradecerlle a miña compañeira Tatiana o seu apoio ( ela é a "profe" de apoio : )) pois os momentos de tranquilidade que tivemos foron gracias a súa laboura de paciencia (coido que tamén axuda a maior facilidade da imaxe feminina para entrar no mundo dos nen@s, é aceptada mais doadamente).
Hoxe xa estiveron xogando cos ordenadores dun modo libre, foi o seu primeiro contacto e xa se víu que algún non lle ten medo ningún e que lles van gustar. Disfrutaron moito Celia ou Martin. Algúns coma Victor, Aaron ,Ainara ou Paula xogaron coa plastilina na compaña de Tatiana que lle fixo bonequiños diferentes, outros coma Jorge amosaron unha grande maña para a plancha.
Mentres Raul continua a facer puzzles, o resto ven xogando agora cunha cousa e logo con outra.

martes, septiembre 12, 2006


Como somo moi educados comezaremos por presentarnos: O noso colexio chámase Ponte dos Brozos, esta situado en Arteixo (A Coruña). A nosa é a clase da rá , cando entremos todos seremos 23 nen@s.
Este é un centro coma outro calqueira , cun par de diferencias salientables: somos o colexio mais grande de Galicia ( só en ed. Infantil son 19 unidades e sobre 400 alumn@s) e participamos no Proxecto Ponte dos Brozos que, coa colaboración da Fundación Amancio Ortega, busca a integración das TIC na educación.
Unha vez que xa sabedes algo de nos, paso a contarvos que hoxe comezaron a escola Raul, Ainara, Aarón, Abel, Celia e Martin. Só estiveron duas horas ainda que a algún se lle fixeron un pouco longas. O tempo adicáronno a explora-la aula, ve-los xoguetes que había, mirar algún conto e probar un par de puzzles. Tamén visitamos @s compañeir@s do lado , os da clase do peixe. Sobre as 11 e 45 saimos un pouco o patio. Logo antes de marchar cantamos a canción de Lu.
Como era de esperar houbo algunha bagoa pois eso de separarse de mamá ou papá pode ser un pouquiño doloroso pero , en xeral, todos estivo moi tranquilo.
Para rematar este primeiro día deixovos estas verbas dun filosofo oriental chamado Kahil Gibran , falando dos fill@s. Gustáronme moito e coido é unha boa maneira de rematar por hoxe.

Os teus fillos non son os teus fillos,
son fillos e fillas da vida,
deseosa de se mesma.
Non veñen de ti, senón a través de ti
e
aínda que estean contigo,
non che pertencen.
Podes darlle o teu amor,
pero non os teus pensamentos,

pois, eles teñen os seus propios pensamentos.

Podes abrigar os seus corpos,

pero non as súas almas,
por que elas viven na casa do mañá,

que non podes visitar nin sequera en soños.

Pode esforzarche en ser como eles,

pero non procures facelos semellantes a ti.
Por que a vida non retrocede nin se detén no onte.
Ti es o arco do cal os teus fillos,

como flechas vivas son lanzados.

Deixa que a inclinación,

na túa man de arquero,
sexa para a felicidade.

lunes, septiembre 11, 2006

Hoxe comezou o curso escolar e con él iniciase tamén este experiencia. O obxectivo deste blog é ir contando as vivencias diarias dunha aula de Ed. Infantil dende os tres anos ata o seu paso a Primaria, o remate de cinco anos.
Este primeiro día é especial, pois non veñen @s rapaces/as. Comezamos cunha reunión cos pais/nais dos nen@as , nela estivemos falando (mais ben eu) de cales son as normas de funcionamento de aula. Aclaramos dúbidas, facilitouse información e repartíuse a “temida” lista de material .
Mañá comezará a escola da verdade, faremos un periodo de adaptación todos (@s nen@s e mais eu) consistente en comezar en grupos de seis e incorporacións prograsivas en grupos de seis. Así, o primeiro día viran seis , no segundo doce, no terceiro dezaoito e no cuarto virá a clase completa. Ata o 22 de Setembro faremos un horario de 10.30 a 12.30. Logo, e e ata 30 será de 9.30 a 13.10. Despois, e ata o 31 de Maio, teremos o horaio de “normal” , de 9.30 a 14.10.