Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, septiembre 20, 2006


Igual que o viño, as cousas van millorando co paso do tempo. Hoxe xa non houbo case que ningunha bagoa e tampouco berros. Ademais como novidade, non comezamos collendo xogos se non sentando na alfombra onde Santa Tatiana lles conto o contiño do "Elefante tembloroso".Gustoulles moito, pois o remate había que tirarlle da trompa o animaliño e este tremaba. Logo estivemos repartindo os sitios nas mesas e cada un tiña que busca-la súa tarxeta que leva o nome, a foto e o seu debuxiño. Ó remate repartimos unhas tarxetas iguais e tiñan que colocar no cadro de control de asistencia, no seu sitio. Xa por fin foron xogar cos xoguetes (hoxe tamén os colleron con mais ganas que os outros días) ata a hora do recreo. Á volta fixemos pis e bebemos.

martes, septiembre 19, 2006

Onte, Luns, mántivose a tónica da anterior semán. O adiantadado no proceso de adaptación, perdeuse pola fin de semán. A entrada foi un moi embarullada, non se puido face-lo tren con tod@s pois ainda hai nen@s que seguen sen querer poñerse. Esto provoca que deban entrar @s pais/nais para axudarme a metelos e , ós cinco minutos, que volvan a sair. En canto poidamos evitaremos estas entradas. Durante un tempo estiveron chorando varios , algún/nha que non choraran nos derradeiraos días e outros que si o fixeran. Sobre as once e cuarto "amainou" o temporal e puidemos famirar algún libro. Como boas novas teño que dicir que Abel non chorou nada en toda mañán, cando a antes choraba moito. Paula tamén avanzou e estivo moi ben. Os maiores berros son os de Jorge pero rematou calando el só. Logo do recreo contámolo conto de " A galiña Tina" e cantámola nosa canción. Logo a saída foi moi boa.
Hoxe foi moi bo día. Non fixemos ningún traballo , pero puidémolo facer pois houbo bastante tranquilidade, agás a entrada e os 10 minutos posteriores.
Xogaros a facer coleres con botóns de cores(Jorge probou tamén) , tamén fixeron puzzles ( ata Abel o intentou) , xogaron cos xoguetes (Raul colleu un bonequiño e deixou os puzzles que é o que mais lle gusta). De momento non hai grandes conflictos , agasalgún roce entre Sandra e Marco pero ímolos solucionando. A Carmen faltoulle Susana (hoxe faltaron oito nen@s) pero mantén a sua amizade con Abel. Por suposto tamén estivo conosco SuperTatiana que é moi querida por tod@s.
Mañán imos intentar que se senten na silla e asignarlle a cada un o seu sitio, a súa percha, ademais de explicarlle o cadro de asistencia para comezalo a usar.
As tres fotos de hoxe foron feitas co movil polo que súa calidade é un pouco baixa