Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, octubre 07, 2006

Rematamos a semán con mal tempo o que provocou non poder sair ó patio e ter que quedarnos no ximnasio. Por sorte, como os Venres imos ter Psicomotricidade a primeira hora, a mañán foi mais levadeira para @s nen@s. Estivemos traballando nunha das fichas de adaptación que veñen co método (por certo ainda nos faltan os libros de duas persoas , esperemos telos para a semán que ven).
Onte esquecin comentar que logo do recreo fomos á sá de audiovisuais por vez primeira. Estivemos vendo un anaquiño do primeiro episodio de "David el Gnomo". Non nos deu tempo a velo todo pois para ir ata alí tivemos que subir bastantes escaleiras, pois esta no primeiro andar. Esto levounos un pedazo pois tiñan que ir en fila , agarrados o pasamáns (ó que non lle chegaban) e sin agarrarse do mandilón do de diante. Para baixar o mesmiño pero co risco de que se alguén tropezaba , levaba por diante a tod@s. Para non telo feito nunca , non nos saíu nada mal. En canto poidamos voltaremos.
Esta semán non houbo fotos pero espero compensarvos para a vindeira pois sei que @s pais/nais é o que mais vos gusta. Por favor gustaríame que de cando en vez me fixerades algún comentario ou algunha pregunta, sobre o que ledes no blog.

jueves, octubre 05, 2006

Nestes deradeiros días podemos contar que a "normalidade" vai collendo sitio e, cada vez mais, parecemos unha clase de Ed. Infantril e , con tódolos respectos, menos unha garderia.
Houbo sorte e non chovíu polo que puidemos ir saindo ó recreo, tendo un tempo para o lecer ou para soltar adrenalina. Ademais comentarvos que onte "entrounos" un especimen novo na aula; chámase Fiera ( nome suxerido por Mateo e aceptado polo resto) e, a pesares do seu nome, non morde nin fai dano pois trátase dunha tartaruguiña. Cedéunola a "profe" Lidia pois tiña tres. Fíxolles moita gracia e todos querían vela. Durante un tempo estivo o alcance de tod@s (despois de vela por mesas) , logo quedou na miña mesa á espera dun lugar definitivo axeitado. Pouco a pouco irei intentando a maior implicación posible da clase no seu coidado (cambio de auga, comida, vixiancia, ...). Esto faime recordar que xa temos unha nova "rutina" adquirida: nomear cada día, ó chegar, a un/ha axudante/a. Esta persoa vai se-la encargada de botarme unha man durante a clase e ademais será quen se poña diante na fila, cando saiamos ó patio ou para casa. Mais adiante aparecerá outras tarefas.
Hoxe tivemos a primeira clase de Relixión/Actividades de Estudio. @s que quedaron con Maica (profe de Reilixión) pasárono moi ben segundo me dixeron e @as que marcharon con Tatiana tamén moi contentos pois adicáronse a pintarlle casa de Regaliz.
Contarvos que onte e antonte estivemos practicando unha nova técnica: pegar papeliños vermellos nunha ficha de Carapuchiña Vermella. Tatiana e mais botábamoslle pegamento e eles pegaban papeliños recortados por nos, para face-la carapucha. Tod@s moi ben pois ademais fíxemolo por grupos e controlando a actividade. Hoxe estivémoslle pintando a cariña con cera branda e o vindeiro día tocaralle ó pelo. Xa veredes que bonitas quedaron.
Hoxe de momento non hai fotografías pois non puiden en canto poida poñerei algunha

lunes, octubre 02, 2006


Xa estamos co horario "normal" , o das cinco horas, e , a verdade, a mañán fíxose moi longa pero non foi só polo aumento de horario se non que tivo moita culpa o tempo. Cando chove, coma hoxe, non podemos sair o patio e temos 25 minutos para estar no ximnasio grande.Deses 25 minutos, perdemos cinco facendo as filas para recoller pois veñen os de Primaria a Ximnasia. Total que é case coma se non tivesemos recreo. É un pouco incrible que nun pais coma este , onde chove bastante a miudo, non teñamos un patio cuberto.
Cambiando de tema hoxe fixemos a primeira sesión de Psicomotricidade, ía se-lo Venres pero por motivos de organización no "cole" non puido ser. Portaronse moi ben e fixemos algúns xogos como : imita-lo son da chuvia golpeando dous dedos, soplar un anaquiño de papel coma se fose unha folla, xogar cos aros a estar dentro-fora ou camiñar pola alfombra esquivando as torres de espuma. Imos ter Psicomotricidade os Venres, ó chegar, con Tatiana e os Luns , antes do recreo, comigo. Ademais os Xoves teremos Relixión-Actividades de Estudio con Maica e Tatiana.
Despois do recreo comezamos a ir os ordenadores por parellas e xogando libremente. O xogo é o que mencionei o outro día (Trampolín Primeros Pasos). Imos estar con él un tempo, un mes mais ou menos, e logo probaremos outro. Mañan intentaremos comezar cos libros pois ainda non puidemos , xa que lles faltan a dous nen@s.