Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, octubre 11, 2006


O Luns que tivemos Psicomotricidade. Foi unha sesión suave facendo ejercicios de recoñecemento das partes da cabeza.Tocámolas cos ollos abertos, cos ollos pechados, fixemos parellas e tocáronllas @ seu/sua compañeir@. Logo estivemos facendo exercicios de respiración. Na clase fixemos unha ficha de adaptación á escola que trabilla os hábitos higiénicos despois de ir ó baño. Todos sabían mais ou menos, que facer despois. Só recalcamos que tamén tiñamos que lava-las mans. Aquí xurde a primeira incoherencia pois eu dígolles que hai que lava-alas mans despois de facer as necesidades pero cando van no “cole” non as poden lavar pois non lle chegan á billa. Si eu vou a abrirlle a billa e dou media volta , cando @ nen@ volte para clase traerá mollados ata os pes e, se quedo con el/a o resto está só. Total non podemos facer o que mandamos facer.
Despois do recreo estivemos xogando.
O Martes traballamos mais hábitos de limpeza e conteille-lo conto de “Juan el sucio”, ninguén quería ser coma él pero para eso tiñamos que ser ordeados e non luxar moito a roupa. Despois do recreo, como chovía estivemos no gimnasio, quedamos un pouco no cuberto por onde saimos. Tatiana e mais eu deixámoslle xices grosos e pintaron no chan. Todo estupendo ata que á hora de ir para clase decatamonos que tiñamos as mans moi sucias.¡Habia que lavalas!. Por sorte estaba conosco SuperTatiana que foi para o baño con grupos de catro e abríalles a billa e quedaba con eles/as. Mirade na foto a postura de Jorge para chegarlle a billa, Esta simpática pero ¡moi perigosa!.
Aproveitamos tamén para pegar uns gomets nunhas uvas e pintar outras con pintura de dedos (esto derradeiro non deu tempo a facelo tod@s). A pesares do movemento e do barullo Xiao quedou dormido enriza da mesa ata hora de sair. Esto debería facernos pensar sobre no mundo en que vivimos. Hai nen@s que se erguen as sete ou sete e media da mañán e logo pretendemos que rindan na escola ata as duas e media. As circunstancias económicas de cad familia obrigan a traballar tódolos membros adultos e non hai con quen deixar @s nen@s. Non sei cal é a solución o que si sei, por experiencia, é que no podemos ter fill@s para velos ou atendelos, só duas ou tres horas ó día. Segundo a miña opinión é algo mais.
Hoxe Mércores falamos do corpo , das partes da cabeza e da roupa que peñemos e en que orde. Fixemos unha ficha relacionada con ese contido. A verdade foi que me sorprenderon pois ,a inda que a ficha foi bastante “dirixida” , fixéronna moi ben. Non era doada pois os nenos debían pintarlle o pelo e a roupa interior ó neno e as nenas á nena. Logo tiñan que pegar gomets na roupa que lle ían poñer. En xeral todos moi ben.
Rematamos a Carapuchiña que comentabamos o outro día e mirade na foto o resultado ¡A que estan preciosas!. A pesares de todo esta mores de cousas que facemos, quedou dormido outro neno. Hoxe foi Jorge. O probe cando o espertamos para marchar estaba tan dormido que non se aguantaba de pe.
Remato comentandovos que hoxe tedes bastantes fotos e a derradeira e de toda a clase pero fáltanos Alexandra (fixémola onte e ela non estaba), faremos outra outro día.