Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, octubre 20, 2006

Antes de nada, perdón por todos estes días sen escrbir pero como din,"xuntouse a fame coas ganas de comer". Os Martes como temos que estar pola tarde non teño moito tempo e o Mércores e Xoves fun a unhas Xornadas sobre Web 2.0 que organizou a Fundación Amancio Ortega. Alí aprendin bastantes cousas.Algunhas delas espero que axiña as poidades ver no blog, pois teñen relación con él. Tamén nos falaron dos wikis e dos podcast que son outras ferramentas para facer cousas cos nen@s (en Infantil é un pouco mais complicado pero buscarei de atoparlle algún uso).
Pasando ó que vos interesa contareivos que tivemos unha semán con pouquiñas cousas salientables, entre estas poderiamos descatacar que o Luns andivemos traballando co circulo (eu intento que lle chamen circulo ainda que si lle chaman redondo tampouco esta mal pero gústame que escoiten o nome correcto. Pois ben, para recoñecelo, non só visualmente, puxemos dous cestiños con bloques lóxicos ( son peziñas de madeira que teñen as formas básicas: circulo, cadrado e triangulo) e cos ollos tapados había que recoñece-lo circulo polo tacto. Fixéronno tod@s.

Logo dentro das actividades relacionadas co corpo, o Mercores, fixemos un xogo no que cos ollos tapados había que: primeiro atopar a alguén que estaba tocando unha "maraca",e segundo recoñecer a alguén pola voz. Non tod@s quixeron participar pero, no primeiro, @s que o fixeron acertaron sempre. Co segundo custoulles un pouco a algúns.
O Xoves fomo ó video con idea de ver Carapuchiña vermella pero por un erro meu, colousenos o conto "Os sete magníficos" que tamén lles gustou. Seguemos a practicar a subida e baixada de escaleiras.

Xa o Venres foron a Psicomotricidae , pero comigo, pois Tatiana estaba substituindo noutra clase. Aproveitamos para facer unha actividade de preparación dunha ficha do libro. Había que moverse pola espazo sen tocar nos ladrillos do chan. Logo este xogo pasámolo ó encerado onde Carapuchiña tiña que ir á casa da avoa sen tocar nas flores. Moi ben tod@s.

Antes do recreo e despois estiveron pintando con pincel. Fixémolo en grupos de catro pois era unha actividade complexa . Mentres xogaban, merendaban ou estaban no ordenador eu poñíame cun grupo. Sorprendeume bastante, pois quedou moi ben como podedes ver na foto do corcho ( A trampiña que fixen é que eu píntaballes primeiro a beira da mazá e logo eles tiñan que pintar por dentro). Algún pintou moi ben, con moita calma e xeito.









Quería aproveitar e dalas gracias pola participación no blog. Este supón para mi bastante traballo pero non me importa facelo si vexo que vos interesa (e esto o vexo coa vosa partricipación). Penso que é unha experiencia moi interesante (nas xornadas de que vos falei antes saíu mencionado o blog e gustoulles ver que había xente que participaba). Xa me comentaron que hai xente que non ten acceso a Internet , eu sintoo e si queren buscaría de pasarlle o blog en papel impreso de cando en vez. Tamén agradezco as louvanzas pero si tedes que criticarme ou non estades dacordo con algo facédeo tamén, sin dubídalo. Outra opción que tedes é citar algún tema, relacionado c@s nen@s ou coa educación, do que queirades que se fale. Hoxe eu por exemplo vou citar un que non ten que ver coa clase pero que como mestre si quero mencionar. Estamos na Semán Internacional da pobreza e , ainda que eu non estou dacordo cos dias de... ou nas Semáns de..., se non que debería ser todo o ano, si quixera que pensarades nas fotos que estan debaixo e que pensedes que entre @s nen@s de arriba e @s de abaixo non hai diferenzas
Tod@s son nen@s e teñen os mesmos dereitos pero por desgracia a súa vida é moi distinta. Dentro das nosas posibilidades debemos de buscar a maneira de facer un mundo mais xusto pata TOD@S.
(parezo un político pero nin o son nin me gustan).
Remato cun par de citas sobre a pobreza

"Eu coido que o millor medio de axudar ós probes no é darlles esmolas, senon facer que poidan vivir sin recibilas".
Franklin

"Cando dou pan a un probe din que son santo.
Cando pregunto por qué o probe no ten pan, chámanme comunista".
Monseñor Camara (bispo brasileiro)

domingo, octubre 15, 2006

Este Venres non fixemos ponte, a pesares do que pensa a xente non sempre estamos facemos ponte, pero houbo nen@s que, por sorte para eles/as, si. Faltaron seis , o que se notou na clase. A verdade que penso que con clases de quince3 nen@s, en trtes anos, chega dabondo para atendelos medianamente ben. Un profesor/a para 25 é una esaxeración , ademais a esto súmaselle a falta de espacio. Nos para poder traballar comodamente na mesa só poden estar catro por mesa, esto supón que haxa que por seis mesas o que conleva a deixar a clase sen espacio para xogos ou para facer cousas en comun. Hai veces, como cando chove, que o nível de excitación dentro da aula é moi alto. Ademais dos risco de accidentes (Tropezar nunha silla ou mesa, chocar cun compañeir@, ...).
Comezamos con Psicomotricidade e logo iniciámonos por vez primeira na tecnica do picado. Esto sempre é un pouco arriscado pois @ nen@ vai ter na man algo co que pode gacer moito dano , se o usa mal, pero ata o de agora nunca pasou mais dunha pequena pincha na man. Esta actividade vainos permitir coller precisión nas mans ademais de favorecer unha correcta prensión. Comezamos , loxicamente , picando en espazos amplos que iremos limitando paulatinamente.
Logo do recreo - que hoxe foi moi longo , polo bo tempo que disfrutamos- xogaron cos xoguetes e no ordenador. Estiveron xogando cun programiña que baixamos dunha páxina que nos pasou Fenando (coordenador do Proxecto Ponte dos Brozos), ten cousas bastantes interesante para iniciarse en tres anos no manexo do rato(SEMINARIO "Tras los márgenes del papel" Colegio Hispania - Cartagena (Murcia) - España) se estade interesados no programa esta é a páxina onde o podedes baixar: http://fantastic.infantil.googlepages.com/ descargas, ou falade comigo e volo paso.
Pasounos outra páxina mais que os vindeiros días mirarei e xa vos comentarei.
Ademais das fotos picando poñovos un par de fotos mais para que vexades que tamén saimos da clase e que fora pásano moi ben