Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, noviembre 12, 2006

O Xoves iniciamos a Lectura. Dito así soa moi incrible, dada a idade dos nen@s pero agora me explico.
Comezamos nos primeiros pasos da lectura que consiste en ler grupos de imaxes dispostas en horizontal. Tod@s leron un grupo de cinco imaxes que de cando en vez ían variando.Logo ensineilles o primer pictograma, comenteilles que era un debuxo que cando o viramos íamos "leelo" dun xeito determinado. Este primeiro pictograma era o de comer. Con él e un par de debuxiños maios formamos e lemos as primeiras frases do tipo de: O coello come unha cenoria, o rato come queixo, .... Despois e aproveitando que o día anterior fixeramos o Magosto puxemos a frase "o neno come castañas" e logo cadanseu tiña que, coa súa foto e na ficha, facer a frase " o/a nen@ come castañas ". Se estaban ben postos os debuxiños ( na orde correcta) eu pegáballos , se non intentaba facerlle ver cal era a orde.
Con esta ficha e posteriores parecidas van ir facendo un libro de lectura de pictogramas para levar cando remate o curso e o poidan ler no verán.
O día seguinte, Venres, falamos da importancia do descanso , de durmir o necesario para estar ben na escola. Preguntei a cada un/ha con quén durmía e ó redor do 50% faino acompañad@. Comentamos que había que durmir só/a e que non había que ter medo de nada. Para axudar con esto conteille-lo conto de "María non ten medo". Nel conta a historia dunha neniña de tres anos que quedou coa súa tía e que esta para que fixera as cousas ( como comer, recoller ou deitarse) dicíalle que tiña que facelo pois se non ía vir o coco, ou un vampiro , ou bruxas, .... A nena que era moi valente amosoulle á tía que todo eso non existía e a tía entón explicáballe as verdadeiras razóns polas que hai que face-las cousas.
De momento non vos poido poñer fotos pois me quedou a camara no cole. Espero que a vindeira semán xa poida.