Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, noviembre 23, 2006


Esta semán temos novidades culinarias pois o Luns tivemos a oportunidade de probar duas froitas pouco habituais (xentileza de Supermercados Lidia, situado na clase do lado) que foron o caki e a ¡ granada. De inicio só coñecían o Caki un par de nenos, probáreronno primeiro un 40 %, mais ou menos, pero logo outro 30 % mais tamen se atreviu pois senon lles gustaba podían botalo no lixo (ademais era un anaquiño moi pequecho). Houbo ata quén quixo repetir. Logo a granada xa non tivo tanto éxito pero ainda así, probáronna ben un 60 % para logo cuspila un quizais 30-40 %. Total que moi boa e agradable experiencia que o Mercores rematamos coa proba da "chirimoya" ( tamén xentileza de Lidia). Aqui apenas 5-6 nennn2s quixeron probala e alguno foina cuspir despois.
Tamén miramos de onde viñan os cacahuetes pois o ano pasado plantar cachuetes nunha maceta e naceran tres ou catro fermosas prantas que tiñan na raíz algúns froitos.O que me temo é que eles/as non viran nunca un cacahuete con casca polo que quizais non lles sorprendeu.
No corro que facemos os Luns onde eles/as contan o que fixeron na fin de semán enterámonos de que catro nen@s foran o mesmo sitio, a ver a Peter Pan ( coido que un espectaculo musical infantil mais non estou seguro).Celia, Marco, Xiao e Mateo comentaron algo do que viron , que persoaxes lles gustaba mais , se bailaran, ...
Pasando a falar do traballo estivemos repasando( ou iniciando se @ nen@ non viñera na semán derradeira)o traballo co número un.Repasamos a cancionciña, contamos cousas ata un, fixémolo no encerado en grande e lo fomo á ficha do libro.
Logo comezamos a pintar unhas cereixas que ainda que non estamos na época delas si son de cor vermella, algo que para nos é "importante". Só fixeron esto 8-9 nen@s pois había que facelo despacio e primeiro eu ía pinta-las beiras.
O Martes comezamos a usa-las follas que trouxeran. Fixen unha gran folla nun mural e logo imos pegando tódalas que trouxeron e traian ( sempre que non esten moi enrrugadas). Costou pegalas ( non agarraban , pegábanselle os dedos) per o final foron aguantando e vai quedando bonito. Falamos tamén algo da forma e tamaño de cada folla e , se eu o sabía , de que árbore era.
Logo traballamos os conceptos de lonxe e cerca ( mais ben en castelan pois xa lles custaba entender eses conceptos , canto mais se uso palabras novas. Mais adiante ensinareille as palabras en galego). Fixemos algúns xogos de situarse cerca ou lonxe e logo a demostralo na ficha. Bastante ben.
Veu Tatiana logo do recreo, rematamos de pinta-las cereixas con pincel e logo con ceras brandas pintaron algúns debuxos do Outono (cogumelos, follas de carballo e castañas). Había que pintalos polos dous lados pois logo Tatianae mais eu íamos recortalos para poder ambienta-lo pasillo, colgandoos do teito. Quedaron moi bonitos pois podían usar as cores tìpicas do Outono e logo frotand cun algodón, por enriba mesturábanse as cores !Preciosas¡.
Hoxe, Mércores, estivemos pegando mais follas no mural e logo na clase falamos de buscar cousas iguales que tiñan na man grupos de seis nen@s. No encerado había que unir os debuxos iguales e logo na ficha tamén , ademais de pintalos da mesma cor. Fixéronna tod@s estupendamente

domingo, noviembre 19, 2006

Ola de novo, xa estou outra vez pòr aquí. Esta semán voltei a ter un cursiño o Mércores e mailo Xoves que o xuntarse coas tardes dos Martes nas que temos que vir ó cole fixo que non puidese publicar nada.
Comezarei contandovos que o Luns en psicotricidade fixemos varios xogos de saltarcos pes xuntos dentro dos aros e logo camiñar cun saquiño de area primeiro e logo de corcho branco na cabeza. O dos saltos mais ou menos ben ( hai nen@s que lles custa saltar cos pes xuntos moito) , logo o do equilibrio cos sacos poucos puideron ( coa area ningún. Outro día voltaremos a intentalo.



O Martes fixemos a primeira presentación dos números e, loxicamente, comezamos polo un (ainda que hai compañeir@s que o fan polo 0) estivemos aprendendo unha canción, logo andivemos collendo unha cousas de entre un grupo, pasamos xa para o encerado onde tiñan que recoñece-lo número e rodealo.(aquí tamén xa se notou a melloría con respecto ós inicios de curso pois antes cando rodeaban pasaban por enriba do rodeado pero hoxe non lle tocaron o un). Rematamos facendo o número en grande e coa ficha que tiñan que colorear (ademais puxemos un sol, un Regaliz e unha flor).
Logo do recreo rematamos de pintar unha casiña para Regaliz e fixemoslle as tellas co dedo mollado en pintura ... vermella ( para variar). O día seguinte pegamos a Regaliz e quedou unha ficha moi bonita que xa veredes.



O Mércores andivemos con pintura tamén pero agora co pincel e así pintamos unha folla coas cores habituais no Outono. Boteille marrón, laranza , amarelo e verde enriba da folla e eles foronos xuntando e pintando.



O Venres dedicámolo a falar do Outono , das características principais: caida das follas, choiva, marchan os paxariños, nacen setas , aparecen os caracois ,... e tamén miramos os productos do campo típicos da tempada. ademais dos que tiñamos na clase coma as castañas, amendoas, avelás, landras e ourizos, Tidia pasounos diferntes cabazas, unha mazorca de millo e unhas polas de "madroño" co seu froito. Contamos o conto dunha folla, chamada Catalina,que caera dunha árbore e a conversa que tivo cunha esquío, chamada Rita, sobre o motivo da caída.
Remato dicindo que toda a semán estivemos moi poucos (entre 15 e 117) polo que se notou bastante. Esto permitíu traballar mais tranquilamente e unha millor atención d@s nen@s. Ademais tiñan mais espacio para xogar. Esta claro, alomenos para mín, que un número maior de 15 nunha aula de tres anos é unha tolemia , pois non podedes atender ben @s nen@s e hai unha falta de espazo que orixina , ás veces, tensións e accidentes.
Ah que sempre me esquezo dunha cousa que hai tempo quería dicir:
Perdoade os erros de escritura son consecuencia das presas..Debería repasar os textos antes de subilos a rede pero escribi-lo blog e poñe-las fotos levame bastante tempo y si ademais me puxese arepasar todo pois, probablemente, non puidese actualizalño tan a miudo.