Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, noviembre 30, 2006

Antes de nada perdón polo retraso en contarvos as novas da clase pero estou sen ordenador na casa , que era onde facía o blog. Hoxe que teño un momentito libre no cole (teñen Relixión e mais actividades alternativas) vou aproveitar.
Non hai grandes novidades pero poderíamos salientar que rematamo-lo mural do Outono. Ademais das follas que trouxeron tamén ten unhas landras que fixemos na clase e que quedaron moi bonitas. Puxemos os caracoles que realizaron en actividades alternativas á Relixión ( ainda faltan outros dous). O mural é moi sinxelo pero a min pareceume bonito pois ademais cad folla que poñían comentabamos algo dela ( sobre a que se parecía). Se queredes mandar mais follas xa vedes que ainda caben pero , por favor, mandadeas que non esten moi enrugadas pois é moi difícil pegalas.
Seguindo co Outono traballaron nunca ficha de plástica na que primeiro pintaron o tronco da árbore con rotulador e logo fixéronlle as folliñas coas pegadas dun dedo.Usaron ata sete cores diferentes pero o resultado foi moi vistoso. Este Venres , senón me escuezo levaran o segundo libro de fichas mais esta ficha do Outono.
Pedirvos que tamén un par de cousiñas ( ainda que as recordarei cunha nota un día destos). Por favor poñedelle cinta ós abrigos que traen @s nen@s ó cole pois como vedes na foto pasan mais tempo no chan que colgados. É imposible mantelos na percha sin cinta, ademais eles/as non atopan a carapucha ( cando a ten o abrigo). Ademais de estropearse é incomodo para pasar pola porta cando imos ó patio ou a busca-la merenda.
Tamén, por favor, como vos comentei na reunión de inicio de curso mandade as merendas só nas bolsas de tea. Xa sei que hai bolsiñas preciosas pero logoi na percha temos pouco sitio e estorban. Se un día , como excepción, e polo motivo que sexa non teñen a bolsa de tea poden traer outra, pero habitualmente só a de tea. Todo esto beneficio a organización e o funcionamiento da aula e non é un capricho meu. Se eles/as vos poñen pegas dicídeslle que o mandei eu e que non quero as outras bolsas.
Gracias