Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, diciembre 13, 2006








Andamos con moito traballo no corpo. Son días nos que @s nen@s estan moi motivad@s para facer cousas relacionadas co Nadal (adorna-la clase e os pasiños, tarxeta, carta de Reis, fichas de plástica , ...) pero , ademais tamém temos que face-.las fichas do libro. Pero , a verdade, é que están cumprindo tod@s e fan o traballo , en mais ou menos tempo, pero o van facendo.
Por si fora pouco todo o dito anteriormente, o Luns fixemos algo que levabamos tentando facer fai algún tempo , sementar algo para ve-loo proceso dende a semente ata unha pranta ou unha árbore. Así xuntámonos as clases de Lidia, Maite e nos no pasiño. Alí con moita paciencia por parte de tod@s (pero sobre todo dos nen@s) fomos botando terra nos semilleiros, e logo caseque tod@s , ou tod@s (alomenos @s da miña clase) foron facendo un buratiño co dedo e poñendo diferentes sementes como : castañas, landras , de acivro, de "chirimoia", cabaza e de xirasol. Logo botábanlle un chisco de auga e alí quedaron. Foi unha experiencia bonita da que algún/nhas decatáronse mais que outr@s. Ademais desto que fixemos logo do recreo , antes estivemos traballando no libro de fichas o número un.
O Martes tamén houbo traballo cooperativo pois logo do recreo e coa axuda de Tatiana puxemo-lo noso gran de area na construcción dun belén mais grande co da clase. Cada nen@ ía estampando unha estrela no fondo belén ou pegando algodón , ou pintando as montañas e o ceo. Logo uns pouc@s tiveron a sorte de poñer algunha figura. (Hoxe non teño ningunha foto desta derradeira actividade e do Belen rematado pero na derradeira publicación espero telas).
Na clase fixemos unha ficha moi doada pois había que distinguir as cousas relacionadas coa Nadal e non houbo problema. Logo era unha ficha de plástica ( pensaba face-la foto do grupo de fichas no corcho e me esquecin) na que tiñan que pinta-la árbore de Nadal , que era moi grande, par logo pegarlle gomets de diferentes cores , coma se foran bolas. Quedou poi linda.
E hoxe traballamos na de plástica do libro. Había un debuxo dos Reis Magos e enriba unha estrela que había que encher de papeliños amarelos , que previamente, beliscaran ( romperan cos dedos). Esta actividade sempre me custara moito con outros grupos , pero este ano as miñas compañeiras déronme unha idea que foi boisima. Darlle @s nen@s tiras de papel amarelo ( esto eu xa o facía) pero estas tiras tiñan pequenos cortes , de vtal xeito que lles fora mais doado romper cando agarraban cos dedos ( se o recordo na dcerradeira publicación poño unha foto dunha tira para que o entedades millor). Tod@s ben, só dous ou tres con algún problemiña. Logo para pegalos na estrela usei cola branca pois vena millor que o pegamento. Mánchanse un pouco e andan quitando os restos perante un tempo pero quedou ben.
Póñovos ó final o belen e a árbore que temos na clase para que vexades que chulos