Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, enero 19, 2007






Antonte, coma caseque tódolos Xoves ,non houbo grandes novidades pois tivemos Relixión a primeira hora e video despois do recreo. No medio fixeron prelectura de pictogramas , presentando un novo: ulir.
Despois de ler, coma outras veces, frases sinxelas (tres pictogramas) probei coa lectura dunha frase composta (con cinco pictogramas, por ex.: O esquío ve unha seta e come unha castaña). Tan só duas foron capaces leelas pero ,tendo en conta que era a primeira vez, tampouco esta mal. Nos vindeiros días voltaremos a repetila esperiencia e seguro que serán mais.

Onte , logo de vir de Psicomotricidade con Belén, presentamos a forma cadrada , en contraposición co circulo que roda e non ten esquinas, esta si ten. a maioría xa a coñecían. Ainda así fixemos unha actividade de rodeala no encerado, diferenciándoa do circulo. houbo só un erro , que coido foi por pouca atención.
Como vos comentei no derradeiro "post" fixen un programiña para recoñecemento do nome.Esta feito cunha ferramenta que se chama Clic e como poñer tódolos nomes xuntos sería moi dificil para eles/as , fixen grupos de catro nen@s onde eles traballan co seu nome (e co d@s outr@s tres). Na páxina web estan postos as seis aplicacións (e mailas instruccións para que funcionen, que son sinxeliñas). O lado9 de cada grupo esta posto que nen@s son @s de ese grupo para que descarguedes o que queirades. Mais adiante irei engadindo mais actividades e mais dificiles.
Se queredes ir á páxina web picade aquí .
Na marxe esquerda tamén hai un enlace coa miña páxina web, coa do colexio e co Proxecto Ponte dos Brozos.
Sobre o comentario feito no anterior "post" quixera comentar que ainda que este blog o fago eu porque quero, realmente me gustaría que colaborarades o mais posible. Xa sei que moit@s non tedes conexión a Internet na casa, pero hai xente que a ten no traballo ( sempre e cando lle deixen no traballo), ou que a ten algún familiar. O Blog estaría mais vivo cos vosos comentarios , ver que non escribo eu só en plan maxistral, a fin de contas este blog vai sobre a educación dos vos@s fill@s.
Podedes dar opinións sobre o que escribo ou sobre outros temas que queirades que fale. Comentar ideas de cousas que vos gustaría que fixeran na clase ou que non fixeran. Esto busca unha comunicación , que non ten que ser unidireccional. Hai veces que poño cousas que teñen erros ( coma no derradeiro "post" coa poesía) que si non me decides nada eu non me entero.
Podedes estar tranquilos pois os comentarios, casi todos son anónimos, ( só os de Mary, levan nome). Eu intento duas veces a semán poñer algo no blog , pero sabendo que hai alguén que esta doutro lado anímome mais. Dicídeme temas dos que queirades falar e escribirei sobre eles.
Volvo a intentar poñe-lo son da poesía que comentei o Mércores


powered by ODEO

3 comentarios:

MARY dijo...

Hola,segue sen oirse a poesía josé carlos,pero non te preocupes,non pasa nada,o mellor non se me oe amin, e os demáis sí,aver se dí alguen algo sobre ela.Un saudo.

Patricia dijo...

Ola! Son a madriña de Carmen. Pareceme alucinante que co pequenos que son, xa sexan capaces de distinguir entre horizontal ou vertical, por exemplo, e xa empecen a ler a través dos pictogramas. Fas un gran traballo.

MARY dijo...

Hola,son eu outra vez,onte estiven mirando os contos que tes na paxina web e os programiñas,estan xenial,ainda non os mirara,xa descarguei alguns,os puzzles das fotos gustanlle moito a victor,os contos ainda non llos ensinei.Estou moi agradecida por todo o que fas por nós.
Quería decir, que me alegro de que se anime por fin alguén a falar,espero que se anime tamen a madriña de victor.bueno un saudo