Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, enero 24, 2007

¿Que tal? ¿moito frío non?, a verdade é que xa se pode falar do Inverno na clase dun modo real. Ata estes días cando falabamos del , sempre dicía que era tempo de moito frío, de neve, de chuvia. Comentabamos a roupa que se debía poñer. Logo fora ese non era tempo que vían, exasctamente. Agora sí. E como estamos no Inverno que ficha mais habitual que un boneco de neve. Eso foi o que fixemos o Luns, na mesa , pois na alfombra recordamos as características da estación, asi como un conto que contara o outro día sobre un boneco de neve.
Levoulles tempo face-lo traballo pois ademais de pintar , tiñan que pica-la cabeza e o gorro.
O Martes estivemos probando un programiña novo. É dunha editorial ( coido que EDEBE , non estou seguro nestes momentos) chámase "Duendes Mágicos" e con él puidemos traballo-lo trazo do número un (o Martes) e do dous ( o Mércores). Esta bastante ben pois esixe direccionalidade correcta e non sairse do camiño. Pasaron tod@s. Tamén os repasamos no encerado.
Fixemos algún xogo sinxelo antes, relacionado co recoñecemento dos números e con saber que cantidade é cada un. A maioría xa os recoñecen pero hai que seguilo facendo polo resto e, porque non se lles esqueza. Polo que se refire a contar , tod@s contan alomenos ata tres , e moit@s ata mais.

Nos vindeiros días ireivos informando sobre as novas do Antroido, polo de agora só vos direi que nos imos disfrazar de cociñeir@s . (esto ainda non o saben eles/as).

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Bos días, son María a nai de Carmen, onte xoves díxome Carmen que vos ides a disfrazar de cociñeiros,espero que vos saían os disfraces moi bonitos.Non sei si lle ides a poñer o disfrace careta, bueno xa se verá.Outra vez quería alavar a vosa labor,sobre todo a oportunidade que nos das de poder seguir a labor practicamente diaria que facedes na escola a traves deste medio.Saudos.

MARY dijo...

Boas, son o pai de Víctor. Xa sei que non participo moito no blog, pero véxoo sempre e cada día estou mais sorprendido do traballo que facedes. É realmente incrible que, altruistamente, lle dediques unha boa parte do teu tempo libre a facer todo o que fas. A miña muller participa moito mais e sempre me anima a que faga algún comentario. Só quero dicir que creo que tódolos pais dos teus alunos deberían de estar orgullosos de que o seu fillo teña un profesor así, xa que ademais temos o privilexio de saber o que están facendo día a día (porque a eles é difícil ás veces sacarlles o que andan a facer). Espero que esta idea prospere e a xente se anime a participar máis porque realmente merece a pena.