Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, enero 26, 2007



Seguimos a preparar-la lectura traballando cos pictogramas. Pouco a pouco van habituándose á direccionalidade correcta da lectura. Ademais tamén traballamos vocabulario, estructrura das frases e pronunciación. como vedes nas fotos , antes de face-la ficha xogamos cos pictogramas na alfombra ou no encerado.
O Venres adicámolo , maioritariamente, ó trazo. Primeiro circular e logo vertical. Co circular memorizamos unha poesía que lles gustou moito que dicía:
En mi cara redondita,
temgo ojos y nariz,
también tengo una boca
para comer y reir.
Con mis ojos veo todo
con mi nariz hago atchisss,
y con mi boca como
como palomitas de maíz.
A maioría sabíana casi completa e con xestos.
Otrazo circular dalles bastantes problemas pois como non deben move-lo libro para face-lo trazo (deben aprender a move-la man) hai un moemnto no que non ven por onde ten que ir ó lapis e saénse fora.
Esta semán levamos poñend0 en práctica unha actividade que fai tempo que quería facer pero que por varios motivos non lle podía da-la continuidade que precisa. Son os Bits de intelixencia. Esto que soa tan importante e bonito consiste en grupos de entre 5- e 8 fotos cunha temática común (flores, pintura, mapas, arquitectura, ...). Teñen un tamaño un pouco grande para velas ben e hai que ensinarllas @s nen@s duas ou tres veces ó día. Cada foto amósase 20-30 segundos e se lle da algunha información sobre ela (nome, autor, tipo, etc) que cad día se pode ir en ampliando. Nos facémolo só unha vez cada día pero van recoñecendo xa bastante e ademais xa lle van soando determinados nomes. Ata agora van as fotos de : árbores, flores, paisaxes diferentes e animais acuáticos.
Sobre os disfraces dicirvos que sí se van disfrazar de cociñeir@s pero que nos vindeiros días vos mandarei unha nota coa colaboración que preciso de vos.
Sobre o comentario que fai a nai de Carmen (no Domingo 14) teño que admitir a miña sorpresa pois como ela dí, Carmiña non está na foto pero ese día si foi ó cole. Como vedes estamos no patio coas demais clases e , supoño, a nena debeuse despistar e non se puxo na foto. Eu non pasei lista, din por suposto que estaban tod@s pois acababa de sacalos da clase e sairan en fila ( e díxenlles que non se soltaran). Sintoo pois era a segunda foto que tiña de tod@s , e estas son escasas

1 comentario:

MARY dijo...

Hola,a Víctor gustoulle moito a poesía,díxoma cando chegou a casa
ése día,tamén me canta:o 1 é un soldado moi fortachón,esa non para de cantala,e outra que di:arriba,abaixo,como me gusta este tobogán,(bueno algo así)non sei se a canta bén,pero él paso moi ben,eu preguntolle todolos dias e sempre me canta algunha canción.Estou moi contenta de todo o que lles ensinas,e de todo o que fas por eles e por nós.Un saudo