Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, enero 10, 2007

Xa estamos de volta e , por suposto, con intención de facer moitas cousas. O inicio foi moito millor do esperado. Non houbo nen bagoas nen malas caras por parte de ninguén.

Pasamos a primeira hora recordando un pouco as vacacións , contaron cousas que fixeran e así enterámonos que Martin e mais Mateo foran a un "campamento" onde o pasaron moi ben. Que comeran turrón (sobre todo de chiuculate) e que os Reis foran moi bos con eles/as. Logo estivemos contando o conto de " O rato e o león" no que se trata de facerlle ver @s nen@s que tod@s somos importantes e necesari@s, que tod@s podemos axudar e calquera nos pode axudar algún día.

A continuación tiñan que colorea-lo rato da cor que lles gustara e picarlle a camiseta para vestilo. O resultado final foi bastante vistoso , a pesares de que se lles notou algo as vacacións.






O Martes estivemos traballando cunha cor que non vos vou dicir cal é , pero que podedes adiviñar mirando a Xiao na foto. Por si alguén cría que non existían os Pitufos, pois si existen , e témolos connosco.
Fora bromas , a verdade é que recoñeceréronna bastante ben e logo colorearon un golfiño moi ben, ata aqueles que , ás veces, non lle saía tan ben.Despois de merendar fixemos a presentación dun novo xogo para ordenador "Pipo Primeiros Pasos".É bastante completo e xa esixe , moi a miudo, picar co rato. Esto supón bastantes problemas dao o tamaño das mans e o tamaño dos ratos do cole (estamos pendentes que a Fundación Amancio Ortega nos facilite tres ratos mais axeitados). Non rematamos pero o que viron gustoulles (eles non tocaban , hoxe, só vían as posibilidades que tiña o xogo)
Logo do recreo estivemos facendo algunhas probas de gravación no ordenador pois teño pensado que fagamos un conto (probablemente "Os tres porquiños") onde @s nen@s poñan as voces e eu a narración. O ideal sería que tamén aportaran os debuxos pero tampouco imos pedir milagres. Esto sería para ir gravando pouco a pouco polo que ainda tardariamos bastante.(Precisase silencio para gravar, teñen que ser grupos de tres ou catro, haberá que facer varios intentos, ...).
Hoxe tocou repaso de recoñecemento e trazo do circulo. Tratábase de que recordaran iniciar o circulo no punto, ir na direccionalidade correcta e pechalo outra vez no punto. Para esto aprendemos un "pareado" que dicía ; (en castelan)
Repasamos no encerado e fixemos ficha duas do libro onde había que facer un circulo grande sen sairse dun camiño (tod@s ben) e logo pola parte posterior trazar catro circulos polo punteado (aquí costou bastante e houbo que borrar pero tendo en conta que o fixeron con lapis- fai un trazo moi delgaduchiño e preciso- non estivo mal. Logo do recreo rematamos de ve-lo xogo de Pipo e xogaron cos xogos de construcción.


Quero aproveita-lo blog para comentares que aqueles/as que non trouxeron o vaso e gorro que teñen que tarelo

2 comentarios:

MARY dijo...

Hola,xa puiden velo video e tamén as grabacións. Estou alucinada,non sei de onde sacas estas cousas, non te imaxinas o contenta que estou de poder ver todo,é un invento xenial.Gracias un saudo.por certo,a foto de xiao está simpatiquísima.

Bibiana dijo...

Son unha mamá dunha nena de 2º de ed. infantil... e estou pasmada co traballo e dedicación de José Carlos... Qué envexa! Ogallá a profe da miña filla fixese tal. Tódalas mamás quixesemos ter un buratiño para ver ós nosos nenos... o que fai José Carlos é acercar ese burato á nosa casa.
Enhoraboa ó profesor abnegado.