Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, febrero 07, 2007




Comezamos un libro novo e nel imos tratar o tema dos oficios. Por este motivo sería bo que lle comentarades @s nen@s en que traballades (@s que teñen a sorte de ter traballo) pois imos facer unha "xuntanza xeral e imos ir falando do traballo da familia. Todo o que lle poidades contar do voso traballo (o nome das ferramentas que usades, cal é o obsectivo do voso traballo, si é cerca ou lonxe, si tedes uniforme ou non, etc ) millor pois mais nos contará a nos. de tódolos xeitos hai profesiones das que imos falar, ainda que ninguén coñecido traballe nela. Ademais veremos as ferramentas mais coñecidas que usa e por suposto pregunytareilles de que queren traballar eles/as ( si queren traballar).
O Luns comezamos por comenta-la l-amina inicial na que ven un doutor e algunhas das ferramentas ( que por desgracia coñecen ), logo estivemos facendo a primeira parte dunha ficha que consiste nun gorro de Inverno no que hai que repasa-los trazos horizontal, vertical e o circulo superior.Coma sempre primeiro co lapis elogo, si estaba ben, con rotulador. Deulles bastante traballo pois había moito trazo. A recompensa foi xogo libre logo do recreo.
Por certo que no recreo notouse a chegada do Antroido pois a "profe" Lidia trouxo un par de caixas de maquillaxe e deixoullas no patio. Pintáronse ( e nunca millor dita) como quixeron , pero notouse que non había espello no que mirarse moito. Estaban moi simpáticas. Aproveito para comentar que , ainda que vou mandar unha nota explicandoo, para a semán que ven voulles pintar eu a cara ( só @s que queiran). pondreinos de indios ou pallasos , ou fareilles unhas flores, luas ou corazóns. Si alguén ten problemas de alerxia ou doutro tipo , avisádeme.
Onte Martes comezaron a colaborar no seu disfraz. Como sabedes é de cociñeir@s e a súa aportación consiste en pintar co pincel un peixe que levan nun bolsillo inferior do mandil, tamén pintar un garfo e unha espumadeira que hai no bolsillo superior, e o que mais lles cansou foi pintar uns tomates e uns pementos pequenos que arrodeanaban estes debuxos. A algun/nha axudeille eu un pouco pois polo cansazo non o facía tan ben como saben.
Hoxe traballamos cos números 1 e 2 no ordenador , probando unha actividade de Clic feita por outros mestres. Só probaron un pouco cada un/nha pois tamén aparecía o 3 e prefiro esperar ós vindeiros días. Logo do recreo pintamos o noso primeiro antifaz , co idea de levalo mañan.

2 comentarios:

MARY dijo...

Hola, boas! Son o pai de Víctor. Acabo de entrar e vexo que o tema Antroido vos ten entretidos estes días. Os nenos seguro que están ilusionados con esta época do ano porque todo o que sexa disfrazarse lles gosta normalmente.
En cambio para vós (os profes) seguro que é un pouco mais rollo, porque non é o mesmo disfrazar a un que disfrazar a vintetantos nenos.
Quería agradecer unha vez mais todo o traballo que facedes e que non ten moita recompensa, porque vexo que non hai moita participación no blog. Animaría a todos os pais que poidan a participar porque se hai mais participación nosa polo menos tedes certa seguridade de que todo este traballo é ben recibido e conseguides transmitir todo o que os nosos fillos fan día a día.
Unha vez mais, gracias por todo.

Anónimo dijo...

Hola xa bexo que hai entretenimiento en todos os sentidos pois en paula deronlle no dela cas pinturas que lles deixou lidia que tamen e encantadora pois xa lle deu clase a meu irma fai 20 anos no colexio de galan,como taba decindo paula ta rebozada a tarxeta do mandilon case non se be como disfrutan non sei como acabades bos a mañan pero seguro que peor que eles.Bueno unha vez mais darche a enhorabuena por todo o que fas e como o pai de victor animar as nais na colaboracion dos comentarios e opinions do bloc un saudo mama paula