Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, febrero 14, 2007

Estamos nestes días traballando a posibilidade de que tódol@s nen@s deixen o mandilón na clase durante a semán. Hai algúns/nhas que tiñan ganas de deixalo e foi só insistir un pouco, outr@s non estan pola laboura e haberá que " forzal@s " un pouquiño pois pola comodidade de non pelexar, prefiren deixalo. Despois do Antroido deixarano todos e tocará adicarlle un pouco tempo a abotoarse e desabotoarse, a tirar polas mangas antes de quitalo, ....Se vira que algun/nha segue sen amosar interese por aprender falaría cos pais.
Mantemos o traballo de repaso co un e o dous. Ainda que pensaredes que xa o deberían de coñecer tod@s , non é así. Hai unha grande maioría que si, pero sempre hai que se distrae e dalle o mesmo un que outro. Aproveitamos para recorda-lo grafía , repasando trazo (sempre sobre raias non libre). Como no resto das cousas vese o avance cada semán. Hai mais dominio manual do trazo, menos casazo da man, mais presión. Falando desto algo que pouco a pouco haberá que ir mirando é a correcta prensión, pois pouquiñ@s collen ben a pintura, lapis ou rotulador.
Tamén estivemos recordando como era un cadrado. Hoxe non só tiñan que recoñecelo visualmente , senón tamén tactilmente. A actividade consistía en que en grupos de tres e cos ollos pechados tiñan que buscar un cadrado no medio de circulos e triangulos. Estas actividades danlle algo de medo a algún/nha, pois tapar os ollos non lles gusta (houbo un que non quixo). Logo repasamo-lo trazo no encerado , seguindo o enderezo correcto e facendo fincape nas esquinas.
Para ambenta-la chegada do Antroido hoxe tocou pinta-la cara na clase. Era voluntario pero só quedaron tres ou catro sen maquillar. Había a posibilidade de poñerse na cara luas, soles , flores, pintarse de pallaso, pirata, mosqueteiro, bolboreta, .... como vedes nas fotos (puxenvos moitas para que @s virades a tod@s).
Mañán , se temos tem po voltaremos a facelo pois lles gusta moito. Tamén esiveron pitando co pincel unha carauta de galo ( so lle deu tempo a oito).

No vindeiro post( que será nas vacacións , que rematan o Mércores 20) espero poñervos imaxes dos disfraces



1 comentario:

MARY dijo...

Hola, están todos guapísimos,sobe o de quitalo mandilón,queríache dicir que,a Victor costalle moito,eu peleo todolos días,pero é moi tozudo,(seguirémolo intentando).Se podes, gustaríame que puxeras no blog outra vez,que día empezan o cole,pois no blog puxeches que, están de vacacións ata o xoves incluído,e eu oin que empezaban o xoves,non sei si e un erro ou non.GRACIAS