Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, febrero 14, 2007

Sobre o comentario de Isabel (a compañeira de Vilagarcía) direi que a miña opinión ó respecto é moi clara: Coido que funcionamos como gardería. Non importa si é ou non pedagóxico o periodo de adaptación, só importa que nos poidamos "gardar" @s nen@s o maior número de horas posibles e o antes posible. Alguén que pense un pouco e non teña intereses que imaxine un nen@ con dous anos e nove meses (eu tiña oito cando comezou o curso). Leva todo o tempo pegado´a súa familia, de súpeto ten que irse a un sitio que non coñece, queda cun extran@ e rodeado de mais extran@s pequen@s. Está alí duas horas , á semán ou dez días queda catro horas e á semán xa queda cinco horas. Supoño que pensará que calquer día queda alí. Polo outro lado esta @ mestre/a , que pode ter ata 25 nen@s , no primeir o día entran seis duas horas, chora un ou dous, no segundo xa son doce e chora dous ou tres, logo no terceiro xa son 18 e si consiguiches calmar os doce primeiros , en canto ven chorar @s nov@s tamén choran. Total qué imposible calmar a ninguén , non tes mans para agarrar a tod@s, tes que pechar con chave a porta para que ninguén se escape nun despiste ( mentres algún esta vendo que ti pechas con chave e pensando que vai pasar aquí). Pois todo esto imaxinádeo e multiplicadeo por dous ou tres. ¿esto é buscar o millor para os cativos ou o millor para os adultos?.
Eu fun fai tempo a un cursiño de tres días de adaptación e nel falabase de que @s nen@s visitaran a escola antes de entrar nela, que estiveran un tempiño antes de matricularse, que logo fora unha adaptación paulatina, con criterios pedagóxicos, e non laborales. Grupos pequenos, durante dous tres días, logo ir ampliandoos pero lentamente. Despois de de tres semáns aumentar a tres horas e logo dun mes a catro horas. Quedando só catro horas ata Xaneiro.
Entendendo , por suposto, que o horario de permanencia do profesorado sería o mesmo que o do resto de Primaria. Ese horario sen nen@s permitiría ter mais contacto cos pais , mais flexibilidade para adaptación e unha millor preparación das clases.

2 comentarios:

MARY dijo...

Hola, son o pai de Víctor. Estou imaxinando a situación dos mestres sobre a adaptación dos nenos os primeiros días e penso que non é fácil buscar unha fórmula que contente a todo o mundo, sobre todo porque tal e como funciona esto nos que menos se pensa é nos pequechos. O único que nos soe preocupar ós pais é a ver se non choran moito os primeiros días e se adaptan pronto á nova situación, sen darnos conta do cambio radical que supón para @s nenos entrar nun novo entorno con persoas que non coñecen de nada.
Por outro lado, supoño que @s mestr@s lles pasará algo parecido. Intentarán capear o temporal o mellor posible e que pase ese periodo de adaptación tamén o mais rápido posible.
Por desgracia todo esto é así porque o mundo laboral dos maiores non permite que se faga doutro xeito, nin se poñen medidas por parte das empresas nin dos governos para que cambie.

MARY dijo...

Hola,a min pareceme que empezan moi pronto a escola,pois son moi pequenos,a maioría están acostumbrados a durmir siesta e quedanse durmidos no cole,logo o horario pareceme demasiado para estes nenos tan pequenos,deberían de sair á 1 polo menos,xa que alguns chegan as 3 da tarde para comer e cando acaban de comer dan as 4,e alguns co sono, xa nin comen.Antes empezabamos os 5 ou 6 anos e o que era bó estudiante era igual.Eu entendo que moitos se no nos levan o cole os levan a gardería que para os nenos ven sendo o mesmo,omillor con 4 meses xa os teñen que levar,amin sinceramente parteme o corazón,eu non quero fillos pa telos na gardería todo o día,hay xente que por non aguantalos teñenos, e outros porque non lles queda outro remedio.Entendo tamén a situción dos mestres, alguns pais non aguantan os seus fillos e logo queren que os mestres con 25 nenos os atendan ben,que non leven golpes, que os abriguen...etc,é imposible atender a todo,eu non envidio nada o voso traballo(ainda que a moita xente lle parece que vivides ben) non é tan doado,quería ver eu a alguns aguantar a 25 nenos nunha habitación chorando e chillando aver como acababan o día.Tamén penso que se queremos telos,en algún lado os temos que deixar,pois hay moita xente que necesita,traballar os dous´xa que o precio que levan as cousas é moi alto,sobre todo a vivenda,se non tiveramos con quen deixalos, ninguén tería fillos,pois unha hipoteca e un fillo con un sueldo normal non se pode.