Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, marzo 07, 2007

Aproveitando que estamos a traballar o tema dos medios de transporte e a rua queria comentar que recordedes que sodes o modelo a seguir e polo tanto que diante deles/as respectedes tódalas normas relacionadas co tráfico. Esto non o digo só polo tema de cruzar co semáforo verde, cruzar polos pasos de pinos, mirar antes de cruzar, se non por outros temas como que @ nen@ non se sente no asiento de diante, que poña o cinturón de seguridade, que leve o asiento adaptado, que vaia da man,….ademais tamén sería bo que lle comentarades o nome das tendas nas que entra ( confiteria, panadería, froitería,…) e que vexan o que se vende nelas. Nos imos traballalo na clase pero as cousas sempre se aprenden millor na realidade qaue nun debuxo ou nunca foto.
Por suposto repasamos o un e o dous polo que se refire á cantidade, poniendo un e dous segundo o número de elementos que hai. Reapasamo-las cores amarela, vermella e azul , pois hai algún neno que ten problemas.
Onte estivemos gravando algunhas voces para un conto multimedia que imos facer. O traballo vai ser laborioso pois quero facelo en galego e custalles bastante memoriza-las frases. Cando remate o curso veredes o resultado.
Hoxe levei unha sorpresa moi agradable pois tiñan que debuxarse a si mesmos. Esto intentámolo no inicio de curso e o resultado foi bastante negativo, ata o punto que só completa-la cabeza xa lles custaba. Pois ben , hoxe houbo debuxos moi “chuliños” (mirade as fotos ) , algúns/nhas fan unha cabeza con brazos e pernas, pero logo de explicarlles que faltaba o corpo e que os brazos e as pernas non podían sair da cabeza, facíamos un tronco e completábano ben.Vamos que tamén aquí se ve o avance que hai en todo. Estes detalles son un dos moitos motivos que hai para traballar nesta profesión e nestas idades.

1 comentario:

MARY dijo...

Estan moi ben os debuxos e todo,sobre todo pareceme unha idea xenial que nos contes que estades a facer,(polo da panadería,frutería e esas cousas) pois así sabemos o que lles temos que dicir,moitas veces non lles dicimos esas cousas e estou dacordo que as aprenden mellor vendoas con nos.Contovos unha anecdota,pregunteille o meu fillo onde se compra o pan e díxome,(en San Brandan),creo que debemos de explicarlles ben as cousas, pois para eles é todo novo,e hay cousas que nós non lle damos importancia,e que a teñen para eles.Gracias José Carlos,a min axúdame moito isto.