Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, marzo 04, 2007


Decidin cambia-lo día que faciamos prelectura de pictogramas pois había sete u oito nen@s que , ás veces, non lle daba tempo a remata-la ficha antes do recreo (temos Relixión-Act. alternativas a primeira hora) polo que perdían parte da "peli" de video que poñiamos logo. Agora teremo-la prelectura os Venres. Repasamo-lo pictograma de oirque presentaramo-la semán pasada.
Na foto que vai hoxe vedes unha ficha que levamos facendo un mes pois ten moito traballo(adicámoslle un pouquiño cada semán). Nela hai trazo horizontal, vertical e circular. Hai un plástica de modos diferentes ( collage, pintura con pincel, pintura con cera). Hai unha seriación de gomets (vermello-azul-vermello-azul) e tamén hai expresión artística a traves do punteado con rotulador e pegado de pó das ceras(o restos que quedan logo de afialas). Cando leven as fichas veredes a laboura que ten.(Quizais hai nen@s que non a leven completa pois faltaron algún día o erraron cando a fixeron.

3 comentarios:

eei vagalume dijo...

Saudos e felicidades por este blog dende Vilagarcía de Arousa,Somos os vagalumes e imos facer o día 18 o noso aniversario no blog,gustanos saber que proxectos como estes saen adiente.

Anónimo dijo...

bos dias, o outro día fun dar unha volta ata o colexio a hora do recreo para comprobar si a miña filla(Carmen) se relacionaba máis cos compañeiros, pos é bastante tímida e costalle un pouco.Alegreíme moito o ver que xa xogaba cos demais nenos, pero observei un detalle que me desesperou un pouco.
Andaba con outra nena a correr a porta por onde entran e saen e voltaban outra vez pra fora poñendose onda o grupo de profesoras que estaban a falar, a nena vese que quería algo pero non lles decía nada,so se poñia mirando as profesoras a espera de que elas lle dixeran algo, cousa que no rato que pasei eu observando o detalle non pasou,e así repetidísimas veces,Carmen collia da man outra vez pra fora e debía decirlle a nena que lle dixera algo as profesoras( a nena chamase Daniela,e penso que aínda é máis tímida que Carmen), en fin cando chegou a cativa a casa pregunteille que facía ca outra nena, e díxome que quería ir a facer pis, non sei si o final consegiria facer pis no servicio ou acabaria facendo por ela.

MARY dijo...

Vense moi entretidos os nenos,menos mal que no cole se portan mellor que na casa,non sei ahí pero na casa se lle deixamos os pinceis e os rotuladores, terminan facendonos un cadro de picaso nas paredes ou en calqueira sitio.
Están moi ben as fichas que troixeron pa casa.