Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, marzo 15, 2007






A escola pode instruir, esto é, impartir coñecemento,
pero non educar, inculcar valores,
que é o que antes facían as familias e xa non fan.
Eu debo unha parte enorme da miña forma de ser os meus avós,
que eran analfabetos pero que souberon educarme sen decatarse.
José Saramago


Nos derradeiros días da semán pasada adicámolos aface-lo regalo para o día 19 de Marzo. Espero que vos gustara pois endo moi sinxelo, coido que era símpatico. Tamén fixemos o número 2 con plastilina (igual que fixeramos co 1), custoulles face-los "churros" longos e delados pero foron saindo. O recoñecemento visual de ambolosdous números é do 95 % da clase pois hoxe estivemos traballando as cantidades e agás unha excepción todos os coñecían i eran capaces de de debuxar un número determinado de circulos dentro dun conxunto.
O Martes traballamos cos medios de transporte. Por onde ía cada un. Aproveitamos unha actividade dun xogo que fixeran compañeiras para nen@s de 5 anos onde había que relacionar un transporte coa terra, mar ou aire. Fixémolo primeiro en gran grupo, e logo individualmente. Moi ben tod@s.
Rematamos a ficha do gorro que xa vos falara noutros comentarios.O resultado moi lucido e moi completo (a pesares de que hai un par delas que non estan rematadas pois hai nen@s que faltaron).
Hoxe Mércores, como vos comentei antes, xogamos co un co dous no encerado.Tiñan que debuxar dentro dun conxunto a cantidade de circulos que poñía a etiqueta. Logo na ficha tiñan que completa-los conxuntos con gomets.
Deunos tempo antes do recreo a pintar co pincel o coche iniciaramos fai algúns días.En grupos de tres ou catro foron pintando. Eu pintáballes a beira das fiestras e logo eles/as remataban. Tod@s moi ben.
Logo do recreo había unha sorpresa, aproveitando que era o día da árbore, estivemos transplantando os carballos e castiñeiros que plantaramos no Outono. Fomos á parte de atras do patio, xunto con outras clases (Lidia, Maite e Ana) , alí en grupiños prantamos catro arbores cada clase. Intentei que tod@s fixeran algo , ainda que fora moi pouquiño. Rematamos co tempo xusto e maán eu poñereilles algo para protexelos. Se ides ás actividades do ximnasio dicirlles que volos ensinen. Como vedes hoxe rendíu bastante a mañán ( tamén quedaron sen xogar, logo do recreo)
Para semán que ven levaran as fichas do 2º trimestre , ademais do boletín informativo.



Despois de comentarvos un pouco que fixeramos nestes días quixera facer un pouco de "autocrítica". Noto que cada vez hai menos comentarios no blog, falei desto con alguén que aprecio e me deu a entender algo que xa eu pensaba. Fai algúns días houbo un par de comentarios no blog que tiveron unha resposta , quizais dura, pola miña parte. Eu en ningún momento quixen criticar, molestar ou ofender a naide. Só quixén amosar como se ven as cousas dende o outro lado. As respostas foron demasiado directas e pode que ás persoas a quén contestaba se sentiran molestas ( como eu me sentín inicialmente) por eso quixera pedir perdón. O blog necesita dos meus comentarios para que vos saibades como traballamos, respiramos ou nos movemos, pero tamén necesita dos vosos para que eu saiba que non falo só, que non estou no medio do monte contando un conto. Eu necesito mais ou menos dialogo , non un monólogo. A miña actitude con esas respostas pode ser que vos asustase, pero non era esa a miña intención. Ainda que quizais non o pareza acepto as críticas, e por eso dou respostas a esas críticas. Hai moitas veces que estou errado , pero hai outras que non, coido que do intercambio de opinións sae a luz. mailto:luz.Tod@s temos o mesmo obxectivo: a educación e o ensino d@s nen@s. Eu quero amosarvos tamén como vemos as cousas dende o posto de "profe" , que non sempre son tan sinxelas como parecen, que hai 23 nen@s coas súas problemáticas correspondentePor todas estas razón pídovos perdón , si en algo molestei, e gustariame que, dentro das vosas posibilidades, sigades colaborando cos comentarios no blog.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola son a nai de andrea aprobeito a oportunidad pa decir algo pois non teño ordenador,quero animar a todas as nais que teñan oportunidad de escribir de animar o blog,e entender que todos somos humanos e non debemos ter diferencias polo ben dos nosos fillos temos o mellor profesor e non lle podemos pedir mas senon darlle algo nos a el por todo o que fai,pola miña parte agradecerlle todo o que fai polos nosos fillos e por nos oxala todos foran coma el un saudo pili.

Anónimo dijo...

Hola soy la abuela de jorge quiero dar las gracias al profe por todo lo que hace,decir que es el mejor profe ayer estube viendo como plantaban los arboles los niños estaban encantados, animar a los padres que intenten confiar en el profe pues para mi pensar estan bien atendidos y como el comenta son 23 niños y la experencia la tenemos nosotras que tenemos 1 y a beces nos quitan de quicio para cuanto 23 y dandole tareas a todos un saludo

Anónimo dijo...

http://pequeexperiencias.blogspot.com/