Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, marzo 24, 2007

Este Xoves, cando estabamos vendo o video cos nen@s da clase de Lidia, visitounos por sorpresa unha fada madriña que andaba a busca de Pinocho. Contounos que pensou que estaba na escola pero que voltara a escaparse. Pedíunos que se o víamos llo dixeramos e cando se marchou caeronlle unhas invitacións para ir ó Contacontos. Por este motivo o Luns, día 26, iremos á Biblioteca Municipal por ver se podemos axudar á fada e , de paso escoitar algún contiño. Aproveito para recordar ( coido que xa o dixen na reunión de inicio de curso, pero por si acaso) que sempre que saiamos do colexió é preciso traer, antes, cuberta e firmada a autorización. No caso de non tela ese/a nen@ tería que quedar na escola , durante esetempo, noutra clase, atendido por un mestre/a.


O venres , ademais de face-la nosa fichiña de prelectura, fomos logo do recreo a regar as árbores prantadas o Mércores. Tod@s regaron, a foto que se ve é a de Sandra ( que ese día era a axudanta do "profe"). Si queredes ver as demais fotos, picade aquí

No hay comentarios: