Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, marzo 08, 2007

Onte logo de face-lo post vin o comentario da nai de Carmen de fai uns días. Non recordo o caso nin sei quen é Daniela pero si sei o que é ter nen@s que non falan para nada. Os primeiros de escola tódolos profesores/as intentamos estar pendentes de tod@s, pois non nos coñecen , non teñen confianza, estan asustad@s, non saben como que hai que facer, ..., pero pasados cinco meses e pico non podemos estar detras dun nen@ para ver si quere facer pis , si ten mocos , si ten calor ou si ten frío. Temos que facel@s mais autonómos e esto supón que podan ir o cuarto de baño sos/as, que se saiban limpar, ... e como mínimo que pidan para ir ó cuarto de baño. Nos estamos para atendelos pero non temos un/nha só/a e polo tanto temos que partires dun mínimo , que @ nen@ me diga o que quere ( ainda que ás veces non lle entenda) non podedes pretender que adiviñemos o que queren, eso sería tomal@s por parvos. Xa sei que hai quen é mais timid@, mais introvertid@ pero non se trata de obrigar a ninguén a falar senon de que transmita as necesidades mínimas.
Antes rematar só recordar que eso de ir no recreo a ver como estan @s nen@s, que fan , como se relacionan, non é bo pedagóxicamente, non axuda no periodo de adaptación (que xa rematou) e ademais a min paréceme que indica un falla de confianza en nos. Se tedes dúbidas do comportamendo dos vos@s fill@s, temos as horas de titoría (Martes de catro e cuarto a cinco e cuarto) para aclarárvolas

1 comentario:

Escola de caracois. dijo...

Ola amigos e amigas!!! dende a Escola de Caracois queremos felicitarvos por este caderno. Moitas grazas por compatir con toda a comunidade as vosas fotos, debuxos, vivencias...é un luxo contar con experiencias asi na Galiza. Parabéns, e seguide con esta forza.
http://escoladecaracois.blogia.com/