Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, marzo 14, 2007

Poucas novidades nos derradeiros días.
O Xoves estivemos modelando plastilina, había que facer un gran "churro", logo moldealo para darlle a forma do número un. Houbo bastante problema para face-lo "churro" pois tiña que ser delgado e se lles rompía.Algúns/nhas con calma e paciencia fórono facendo e a outr@s houbo que axudal@s un pouco. O resultado total podedes velo na foto
Seguimos traballando co centro de interés da rua e os medios de transporte, así O Luns falamos como ir á Coruña primeiro, logo a Madrid e tamén a unha illa. Sairon diferentes formas de viaxar: anadando, en coche e furgoneta. Cando plantexamos de ir toda a clase Martín falou do autobus. A ninguén se lle acordaba o tren , pois realmente pouco se usa e pouco o ven, nembargantes sabían por onde ía (vía) e onde paraba (estación). Polo aire dixeron avión nada mais. En canto á auga mencionouse barco e lancha. Miramos un libro de imaxes onde observaron algún medio mais. Logo picaron as ventas dun coche , pintáronlle as rodas con ceras ( moi ben, por certo) e outro día imos pinta-la parte da "carrocería" con pincel
Antes o Luns na charla que facemos no inicio da semán enterámonos de que algúns foran os hinchables (Celia, Ariadna, Mateo, ...) que lles gustaron moito. Tamén saíu coma case sempre as visitas ó parque. Como orixinal Marco comentounos que fora de camping nun remolque con alguén que agora non recordo.
Voltamos a traballar con series. Fixemos catro tipos diferentes de series na alfombra, alternando lapises e tesoiras. Logo con tesoira cara arriba ou cara abaixo. Con tapas de frascos e tesoiras, ....Na ficha había tres vermiños , formados cada un por circulos. Tiñan que colorealos facendo series coas cores amarela-vermella-azul. O primeiro fíxemolo todos xuntos, á vez, nos catro primeiros circulos (era alternar amarelo-azul)logo eles/as remataron de pintalo. O segundo foi a base de gomets, eu fixeno primeiro no encerado e logo eles/as. O tereceiro comentámolo oralmente como ía ser (azil-vermello) e pintárono.Levoulles bastante tempo face-la ficha pero había que face-la con moita calma para que a entederan ben e non houbera moitos erros. En xeral saíu moi ben. Por certo, algún xa se acordaba que se chamaban series eso de ir repetindo grupiños de cousas ou cores.
Como ficha de plástica andivemos rachando papeliñon de charol e seda, en tons verdes.Con les cubriron a copa dunha árbore. Esta era unha ficha do libro que quedou moi "chula".
Mañán imos comezar a preparar un "detalliño" para o dia 19 de Marzo. Non vos conto como é para que levedes unha sorpresa pero é moi simpático e feito con moito agarimo.
En canto os ordenadores trballaron , de novo, coa actividade de Clic que xa vos mencionei nun anterior comentario. Esta volta foron de un/nha en un/nha e tiñan que completa-la actividade tod@s. Non lles gustou tanto como outros xogos pero o importante é que nos permitíu seguer a xogar coas cores traballadas.

No hay comentarios: