Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, marzo 29, 2007

Primeira saída do "cole" e todo estupendo.Fomos á Biblioteca tod@s , agás un/nha que por non traer a autorización non puido ir. Digo esto para que en futuras excursións (para o vindeiro ano) recordedes que sin ela non podemos levar a ninguén. Contáronnos dous contos: O agasallo e A ratiña presumida. O primeiro servíu de introducción para explicar a importancia dos contos, como podemos entreternos con eles, que son tan bos, ou millores que algúns xoguetes, e que sobre todo nos permiten imaxinación, algo que os xoguetes de agora non teñen. Gustoulles moito , pero ainda mais o clásico da ratiña, quizais porque algúns xa o coñecían, quizais porque interveñen animais ( sempre lles encantan) o caso é que o pasaron moi ben. Non houbo incidentes negativos e o comportamento foi maravilloso. Se queredes ver fotos da "viaxe" , da entrada e saída e da estancia picade aquí. Algunhas non son moi boas hai quen saíu mais veces , pero como estaban mesturad@s cos das outras duas clases e , ademais, eu non me podía mover do sitio pois non puiden facelo moito millor.
O Martes recordamos as formas xeométricas traballadas, circulo e cadrado, fíxemolo primeiro mediante unha actividade de Clic onde os nen@s xogaban con esas formas , amis o triangulo( A actividade estaba feita por outr@ mestre/a para o seu uso). Logo tiñan que relacionar esas formas con diferentes cousas con ditas formas (dados, dianas, perchas, xelados, balóns, ...). Foron individualmente tod@s. Estas actividades non lles gustan tanto coma os xogos comerciales pero didacticamente son millores e axudan bastante na clase. Por certo , a pesares do tamaño dos ratos, cada día van picando millor. Logo na ficha do libro tiñan que colorear azul ou amarelo, segundo fora unha ou outra forma.
Aproveitamos para gravar mais voces para o Conto dos tres porquiños .Hoxe Mércores rematamos de gravar todo o que ían gravar eles/as e participaron case tod@s (falta unha que leva varios días sin vir). Algúns non se lle entende moi ben pero penso que como dín " o importante é participar" e o 80 % quería participar. Ademais apriveitamos para grabar unha canción que nos ensinaron o outro día na Biblioteca. Eu só sabía unha estrofa , pero como Celia sabía mais gravouna ela.Espero que a poidades escoitar.
Para rematar contarvos que seguimos facendo campaña por un mundo futuro mais verde (que non erótico) e hoxe prantamos incienso. Iamos prantar tamén un bulbo e unhas sementes de Don Diego noche (este nome deumo a "profe" Lidia, así como as prantas) que din que ule moi ben. Pero había que prantalas fora e como estaba mal tempo, deixarémolo para mañan ou pasado.
Hoxe levaron os Boletíns informativos trimestrais que sería bo devolvesen antes das vacacións para que non se perdan.
Como é dificil , ás veces , facer comentarios sobre o que conto propóñovos para o final unha pregunta para coñece-la vosa opinión. ¿Que pensades da medida que vai levar a cabo a Xunta sobre a supresión da xornada intensiva en Xuño e Setembro?. As razóns son : conciliar a vida familiar e laboral, valor pedagóxico e millor organización dos centros. No vindeiro post dareivos a miña opinión pois estou un pouco canso e , ademais, vou ir ver o futbol (ó reves de como diría Arsenio "Non todo van ser os libros)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Holaaaaa! Bueno, antes de nada, son o pai de Víctor. Xa fai tempo que non fago ningún comentario no blog, pero iso non significa que non o siga todalas semáns. De feito, ainda que pareza mentira é a única maneira que teño de enterarme do que fai o neno na clase, porque na casa non solta prenda. Preocúpame que participemos tan pouco os pais. Sobre todo porque a laboura do profesor é moito mais complicada do que parece. Eu traballo tódolos días co ordenador e sei mais ou menos como funciona todo isto, e podo asegurarvos que publica-lo cada 2-3 días supón un traballo laborioso (sacar fotos, publicar os temas, baixar os programas, etc, etc). ¡E todo sin recibir nada a cambio! Xa sei que seguramente o faga de forma altruista, pero creo que os "privilexiados" (que somos os pais ó fin e o cabo) non estamos dando exemplo. Só quería lanzarvos a todos unha pregunta: ¿Vós credes que se os nosos fillos souberan escribir e ler o que pon no blog non lle ían facer comentarios? ¡Pois eso!.

Sobre o tema da xornada contínua, cando teña unha idea clara do que se pretende farei un comentario, pero creo que como sempre o único que importa e o benestar dos pais e dos docentes, en ningún caso o dos nenos (infantil e primaria). A min a tontería esa da "conciliación da vida familiar e laboral, o valor pedagóxico e a organización dos centros", como dixo a conselleira paréceme unha excusa pouco creíble.

Anónimo dijo...

Hola,soy una tía de victor.queria darle la enorabuena por el trabajo tan estupendo que esta haciendo.y tambien animar a las madres a que colaboren,yo no soy madre y me hace mucha ilusión ver lo que hacen los niños en el cole,y valoro el trabajo del profe.Animo un saludo