Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, marzo 04, 2007

Sobre o tema que comenta Mary a miña opinión (intentando non ser moi extenso) é que o problema non son as consolas en sí, se non o uso que se lles da por un parte da poboación. Usánse para ter @s nen@s ocupados e que non amolen. Antes era ( e ainda é) a televisión. Agora son as consolas ou Internet. Como tódalas cousas teñen parte boa e parte menos boa. Hai quen ten moitos problemas de socialización que os diferentes medios multimedia (consolas, Internet, television, DVD, ...) van a aumentar. Ademais estos medios fan , ás veces, que @s nos@s fill@s vivan un mundo virtual que non ten nada que ver coa realidade. Os xogos de antes eran sempre con alguén, necesitabamos dos demais pazra xogar, agora cada vez son mais individualizados. U/nha nen@ pode ter consola, ordenador, Mp3, móvil con 10 anos ( e para o seu uso) pero non ter con quén falar oou con quén comparti-las experiencias.
Os xogos dos que fala Mary vanse perdendo e a culpa é de tod@s , primeiro @s pais/nais , mestres/as e a sociedade en xeral. No "cole" de Ponteceso onde eu estiven @s nen@s xogaban coa goma ou coa corda pero era porque compartía patio Primeria con Infantil e @s maiores lle ían ensinando @s pequen@s , algunha "profe" tamén xogaba.
Poderia extenderme mais escribindo pero sería no mesmo enderezo. Coido que hai que coller a parte positiva das cousas e desterralla negativa. Hai que saber usar as cousas e adicarlle un tempo pero non todo.

No hay comentarios: